viernes, 22 de junio de 2012

REMATE DO CURSO 2011-12

Hoxe rematou o curso, e por iso queremos desexarvos a tod@s unhas boas vacacións e darlles un bico moi forte aos nen@s de 5 anos que o ano que vén xa non están connosco na escola. Aproveitamos tamén para desexar un bo verán a tod@s os seguidores do noso blog. Un apertiña moi forte!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

SAÍDA AO ZOO DE VIGO

Hoxe, todas as escolas do CRA fixemos a excursión de fin de curso. Fomos ao zoo de Vigo e pasámolo estupendamente.

Premade na imaxe para vela ampliada.


lunes, 18 de junio de 2012

DIPLOMA PARA A ESCOLA DE BARCIELA

As profes da escola tamén recibimos un diploma que nos fixo moita ilusión, dende "Un proxecto entre todos", outorgado polas  profes organizadoras ANA,FINI,MIREIA,MIREN e NOELIA. Dende aquí dámoslles as grazas e esperamos continuar nesta aventura que  achegounos tanto.


A COLLEITA DOS CHÍCHAROS


Por fin rematou de chover e hoxe puidemos recoller os chícharos da nosa horta, debullámolos e levámolos a casa para facer unha ensalada. Aquí vedes os traballiños.
PREMADE NA IMAXE PARA VELA AMPLIADA


viernes, 15 de junio de 2012

ORLAS E GRADUADOS 2012

OS GRADUADOS 2009-2012

Premade nas imaxes para velas ampliadas
0RLA DOS NENOS DE 3 ANOS


ORLA NENOS 4 E 5 ANOS


jueves, 14 de junio de 2012

VISITA AO CEP DE RIOMAIOR

Hoxe, os maiores da Escola de Barciela e Pousada visitamos o CEP de Riomaior, onde imos ir o próximo curso. Pasámolo moi ben vendo todas as instalacións, xogando cos xogos que nos prepararon os nen@s de primeiro e sexto curso. Gozamos dunha merenda moi sa a base de froita e tratáronnos estupendamente. Imos a estar moi ben no noso novo cole.

 Premade na imaxe para vela ampliada.

viernes, 8 de junio de 2012

VISITA DE TAMARA

Hoxe na escola pasámolo estupendamente!!. Visitounos Tamara, contou uns contos chulísimos e fíxonos rir moito coas súas historias e xogos.

martes, 5 de junio de 2012

VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS

Aínda que o tempo non acompañou demasiado, os pequenos da escola pasámolo estupendamente facendo de bombeiros por un día, e sobre todo xogando polo medio da escuma.