jueves, 26 de mayo de 2016

PRIMAVERA

Aínda que este ano non podemos presumir de primavera, temos o noso patio cheo de margaridas polo que aproveitamos para collelas e compoñer con elas os nosos nomes. Quedaron mellor do que pensabamos!

miércoles, 25 de mayo de 2016

XOGAMOS CO "BEE BOT"

Voando polas escolas do CRA chegou á nosa escola o "BEE BOT" (robot en forma de abella). Pasamos un rato moi divertido programándoo para que seguira as nosas instruccións, e aínda que foi o primeiro día, a abelliña fixo todo o que lle pedimos. Hoxe estivemos traballando a direccionalidade.
Fai clic nas imaxes para velas ampliadas


martes, 24 de mayo de 2016

MEDIOS DE TRANSPORTE

HOXE CREAMOS OS NOSOS MEDIOS DE TRANSPORTE
video
USANDO DISTINTAS FORMAS XEOMÉTRICAS CADA NENO/A CREOU O SEU PROPIO TRANSPORTE

PLANTAMOS XUDIAS

OS NENOS/AS DE 5 ANOS TAMÉN NOS CONVERTIMOS EN XARDINEIROS POR UN DÍA

PLANTAMOS XUDIAS E ESTAMOS A ESPERA DE QUE A NOSA PLANTACIÓN DE FROITO

video

viernes, 13 de mayo de 2016

DONA CARME

Jessy, a prima de Diego, veu hoxe á escola para contarnos o conto de "Dona Carme".
Ademais do conto, preparou caretas de todos os animais para que os nen@s puideran ser os protagonistas da historia.
Moitísimas grazas!!!
Fai clic na imaxe para vela ampliada

VISITA Á BRILAT

video

miércoles, 11 de mayo de 2016

REFRÁN DE MAIO

LIBRO DAS EMOCIÓNS

Como cada ano, a biblioteca do CRA fai unha proposta de traballo, co fin de que as familias colaboren na súa realización, xunto cos nen@s. Este ano decidiuse a elaboración do "libro das emocións". Quedou estupendo!
 Grazas a todas as familias por colaborar connosco!!

lunes, 2 de mayo de 2016

FACEMOS PAN NA ESCOLA

Hai uns días visitamos a panadaría Acuña e fixemos pan da maneira tradicional. Nesta ocasión fixémolo coa panificadora e tamén quedou estupendo, de feito non quedou nada.