martes, 21 de junio de 2016

XINCANA DE XOGOS

Aproveitando que hoxe comezou o verán e que o tempo, por fin, acompáñanos, fixemos unha xornada adicada aos xogos. Para rematar celebramos os cumpreanos dos nenos e nenas que cumpren en xullo e agosto.
Pasámolo en grande!
(Para ver os aniversarios de todo o ano tedes que ir ao lateral do blog)
Fai clic na imaxe para vela ampliada

martes, 14 de junio de 2016

SAÍDA FIN DE CURSO

Hoxe, todos os nenos e nenas do CRA de Vilaboa fomos de excursión ao "Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro". Pasámolo moi ben, aínda que o tempo non acompañou demasiado.


lunes, 6 de junio de 2016

CAIXA DE LUZ

Xa temos as caixas de luz na escola, e hoxe empezamos experimentando coa mestura de cores e formas.
 Resultou unha actividade moi motivadora!
Fai clic na imaxe para vela ampliada

viernes, 3 de junio de 2016

VISITA A RIOMAIOR

HOXE, OS NEN@S DE 5 ANOS  VISITARON O CEP DE RIOMAIOR.
DISFRUTAMOS DUNHA MAÑÁ DIFERENTE , REPLETA DE DIVERTIDAS ACTIVIDADES  EN COMPAÑÍA DOS QUE VAN A SER OS NOSOS COMPAÑEIR@S O VINDEIRO CURSO.
video
GRACIAS AO EQUIPO DOCENTE DO CENTRO POLA ATENCIÓN  , A MERENDA E A MAÑÁ TAN DIVERTIDA QUE NOS PREPARARON