O MILLO
Coa chegada do outono, comezamos a traballar arredor do millo. Tivemos a gran sorte de poder visitar unha veiga chea deste cereal. Camiñamos dende a escola, preparadas con todo o necesario para a colleita das espigas. Tamén tivemos tempo de saudar aos animais que viven coa nosa compañeira Dayana, e de gozar da entorna que temos preto da escola. Grazas familia por facilitarnos esta experiencia. PROPOSTAS VENCELLADAS: Empregamos de novo a técnica da antotipia pero esta vez en papel. Fixemos o mesmo proceso que coas bolsas viaxeiras, as únicas diferenzas foron que empregamos espigas de millo e que cubrimos con acetato en lugar de cristal: Coñecemos e identificamos as partes da espiga: Debullamos Contamos
Están simpatiquísimos. Encántame. Moi Bo Nadal profes e a descansar un chisquiño. Unha gran aperta.
ResponderEliminarEstán fantásticos. Agora toca vacacións e descanso. Un bico de nadal para vos.
ResponderEliminar