Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como A ESCOLA

BENVIDOS-AS Á ESCOLA!!

Imagen
 

ALMORZOS NA ESCOLA

Imagen
ALMORZO MEDITERRÁNEO ALMORZO MIXTO Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

DIVERSIDADE DE FAMILIAS

Imagen
Hoxe visitounos Eli, da asociación "NÓS MESMAS". contounos un conto sobre a diversidade de familias a través da historia dunha cadeliña chamada GUAU. IGUÁLA-T        PLAN DE IGUALDADE Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

CONTACONTOS

Imagen
Idaira e Diego contáronnos o conto dos chivos chivóns e fixérono así de ben!!!

"AS ÁRBORES ALIMENTAN"

Imagen

XA ESTAMOS TODOS-AS NA ESCOLA!!!

Imagen
Comezamos o novo curso escolar! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

RI+MOVEMENTO

Imagen

COMPOST

Imagen
Xa temos compost para alimentar ás plantas da nosa horta!!! Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

FACEMOS ZUME

Imagen
Hoxe Xabi trouxo laranxas para compartir. Rapidamente nos organizamos e fixemos un enerxético e rico zume. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

O NOME

Imagen
Coñecemos a inicial do noso nome

COMPOSTEIRO NA ESCOLA

Imagen
Grazas ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra xa temos composteiro na escola. A partir de agora xa podemos aproveitar os residuos orgánicos das nosas merendas, convertilos en compost e coidar o medio ambiente. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

CURSO 2018-2019

Imagen
Arranca o curso con moita alegría e ilusión! Deixámosvos algunhas fotografías dos primeiros días na escola para que lles botedes unha ollada. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliada            

CHEGAN AS VACACIÓNS!!!

Imagen
Dende a escola de Barciela queremos desexar un bo verán aos seguidores-as do noso blog, e en especial aos nenos e nenas de 6º de Educ. Infantil que no vindeiro curso xa non están connosco na escola. Ata sempre e un biquiño moi forte!!

XOGO DOS DADOS

Imagen
Construímos frases na clase de Isa (mestra de audición e linguaxe)

IGUALDADE

Imagen
Hoxe rematan as sesións de igualdade levadas a cabo por Amelia. O conto de hoxe foi "Elenita", onde unha nena loita por lograr o que ela quere ser na vida, aínda que para conseguilo teña que disfrazarse do que non é. Temos que seguir traballando para que os adultos do futuro medren libres de estereotipos, podan desenrolar o seu potencial e non se vexan limitados polo seu xénero. Moitas grazas, Amelia!!   Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

ALMORZO NA ESCOLA

Imagen
Hoxe, dentro do programa da Xunta "Almorzos saudables" tomamos un almorzo inglés, que constou de pan, revolto de ovos con xamón de pavo, zume de laranxa e leite con cacao. Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

IGUALDADE

Imagen
Hoxe, Amelia contounos o conto "A metade de Xoán". Non hai xogos, cores, oficios ou deportes que sexan para nenos ou nenas. Cada un de nós pode elexir o que queira porque todos e todas somos persoas. Ao rematar o conto, cada un de nós fixo a Xoán ou Xoana e vestímolo ou vestímola como máis nos gustou. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

OBRADOIRO DA IGUALDADE

Imagen
O conto de hoxe foi "Cabaliño de mar" onde os peixiños coidaban con moito agarimo os ovos que ían nacer. A continuación os nenos e nenas crearon o seu cabaliño e  deixárono no fondo do mar. Agora temos que coidalos moito! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

ALMORZOS SAUDABLES

Imagen
Hoxe comezamos co programa de almorzos saudables na escola. Almorzamos mandarina, pan con manteiga e marmelada de amorodos, croissants e leite con cacao. En xeral, os nenos e nenas da escola disfrutaron moito do mesmo, e aínda houbo quen repetíu. Fai clic nas imaxes para velas ampliadas

OBRADOIRO DA IGUALDADE

Imagen
Hoxe foi a primeira sesión, na que Amelia contounos o conto "O país dos mandóns" e a raíz del, construimos o noso país da igualdade. Resultou moi interesante! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas