lunes, 25 de febrero de 2013

viernes, 22 de febrero de 2013

CHEGAN MÁIS XOGUETES Á ESCOLA

Mateo e Ceci trouxeron á escola os seus xoguetes feitos con materiais de refugallo: marioneta, barco pirata e os monicreques de Brancaneves e os sete ananiños.

miércoles, 20 de febrero de 2013

COÑEZO UN GATIÑO

Os pequenos da escola estivemos facendo o conto de "Coñezo un gatiño", baseado na canción de Susa Herrera con mamá Cabra.Quedounos así de guay!

viernes, 15 de febrero de 2013

PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN STA. CRISTINA

Ata agora tratábase dun vertedeiro de lixo, preto do cemiterio de Sta. Cristina. Dende este momento convertirase nunha zona verde chea de árbores froiteiras. Todos os nenos e nenas da escola participamos na plantación de cerdeiras, castiñeiros e nogueiras. Depende de todos a conservación do noso entorno!

viernes, 8 de febrero de 2013

FESTA DE ENTROIDO 2013

Pasámolo estupendamente nen@s e profes.Bailamos moitísimo. Na NUBE atoparedes, na carpeta de Barciela, todas as fotos da festa.