Coa chegada do outono, comezamos a traballar arredor do millo. Tivemos a gran sorte de poder visitar unha veiga chea deste cereal. Camiñamos dende a escola, preparadas con todo o necesario para a colleita das espigas. Tamén tivemos tempo de saudar aos animais que viven coa nosa compañeira Dayana, e de gozar da entorna que temos preto da escola. Grazas familia por facilitarnos esta experiencia. PROPOSTAS VENCELLADAS: Empregamos de novo a técnica da antotipia pero esta vez en papel. Fixemos o mesmo proceso que coas bolsas viaxeiras, as únicas diferenzas foron que empregamos espigas de millo e que cubrimos con acetato en lugar de cristal: Coñecemos e identificamos as partes da espiga: Debullamos Contamos
Ola compañeiros-as: Como moitos de vos sabedes, neste curso escolar estamos a traballar o tema do universo, e no terceiro trimestre a nosa intención é seguir traballando co mesmo pero a partires da ARTE. Polo que agradeceriamos axuda para tal fin, e dicir, calquera manifestación artística (pinturas, esculturas...e o nome do seu autor) relacionada co UNIVERSO. Se ademais tedes algún traballo feito nas aulas, fichas o calquera outra cousa relacionada co mesmo seranos de gran axuda. Moitísimas grazas e un biquiño. As escolas do...
Comentarios
Publicar un comentario