sábado, 27 de abril de 2013
VISITA AO CONSERVATORIO
Os nen@s de 4 anos da escola visitaron o conservatorio de música Manuel Quiroga de Pontevedra.
viernes, 26 de abril de 2013
A DESPEDIDA DE SALETA
Hoxe despedimos a Saleta porque marcha do colexio por cambio de residencia. Un bico e unha aperta de todos os compañeir@s e mestr@s da escola de Barciela. Desexamos que a nova escola sexa moi guay!
PINTURA CONXELADA
A profe Sara tróuxonos cubitos de xeo con moitas cores. Foi unha forma diferente e moi divertida de pintar cadros, aínda que tivemos que facelo con bastante rapidez porque ¡xa sabemos todos o que lle pasa a auga cando desconxela!
@s nen@s de 4 E 5 anos descubriron unha sorpresa moi, pero que moi fria e conxelada coa que puideron pintar.
@s nen@s de 4 E 5 anos descubriron unha sorpresa moi, pero que moi fria e conxelada coa que puideron pintar.
miércoles, 24 de abril de 2013
OS XOGUETES DE NEREA E OMAR
martes, 23 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO
A lectura é a chave que nos abre un mundo infinito de fantasías que nos transportan a mundos posibles, nos que non só aprendemos sobre a vida, senón que nos estimulan a pensar.
OS PEQUENOS XARDINEIROS
Hoxe tocoulles aos pequenos da escola plantar as súas sementes. Pasárono estupendamente remexendo na terra e sobre todo regando. Xa veremos se algunha planta non afogou no intento!
lunes, 22 de abril de 2013
POSTRE DE PRIMAVERA
Hoxe, na escola, fixemos unha merenda do máis primaveral. Primeiro coloreamos a base e despois, con unha tortiña de arroz, chocolate e lacasitos completamos a nosa flor. Estaba de rechupete!!
CONTINUAMOS PLANTANDO SEMENTES
Hoxe plantaron sementes os nen@s de 5 anos. Están feitos uns xardineiros xeniais!!!
viernes, 19 de abril de 2013
PLANTAMOS SEMENTES
Hoxe, os nen@s de 4 anos divertímonos moito facendo de xardineiros. Aprendemos a plantar diferentes legumes. Agora temos que coidalas moito!
jueves, 18 de abril de 2013
miércoles, 17 de abril de 2013
lunes, 15 de abril de 2013
O XOGUETE DE ISAAC
Trátase dun óvalo de madeira cun buraco. Con moito coidado tíñao que encestar dentro do pao. Aínda que resultaba un pouco complicado intentámolo tod@s e con algunha trampiña, algunha vez que outra, conseguíamolo.
viernes, 12 de abril de 2013
miércoles, 10 de abril de 2013
CHEGAN MÁIS XOGUETES!
Como somos moitos na escola non deixan de chegar xoguetes novos. O papaventos de Cora probarémolo cando faga vento e Sol, porque parece que este ano a primavera faise de rogar. Moitas grazas a todas as familias que seguen rompendo a cabeza para traer estes xoguetes feitos con tanta imaxinación e traballo.
Os xoguetes de Hugo e Iago.
viernes, 5 de abril de 2013
O XOGUETE DE ESTELA
ESTELA TRÓUXONOS UNHA BEMBELLA FEITA COS DOUS BOLÍGRAFOS, DÚAS TAPAS E UNHA CORDA. PASÁMOLO XENIAL XOGANDO CO SEU XOGUETE.
jueves, 4 de abril de 2013
miércoles, 3 de abril de 2013
OS XOGUETES DE CELTIA E ADRIANA
Hoxe foron Celtia e Adriana as que trouxeron os seus xoguetes: "a carreira das xoaniñas" e un "memory". Pasamos un rato moi divertido!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)