viernes, 20 de junio de 2014

BO VERÁN!!!

Chega o verán e con el as vacacións, por iso dende aquí queremos dar un bico e unha aperta a todos os nenos e nenas da escola e sobre todo a Ainhoa, que se matriculou noutro centro, e ao grupo de 6º de Educ. Infantil que o curso que vén xa non está connosco. Aproveitamos tamén para desexar un bo verán a todos os seguidores do noso blog. Grazas por seguirnos e polos vosos comentarios.
Un biquiño moi forte a tod@s! 


<
ANIVERSARIOS DE XUÑO E VERÁN.

Cliquear AQUÍ para velos aniversarios do curso 2013-14

miércoles, 18 de junio de 2014

SOL

Por fin, despois de chover día si e día tamén, celebramos a chegada do Sol con esta actividade

cliquea na imaxe para vela ampliada

viernes, 13 de junio de 2014

ORLAS CURSO 2013-14

0RLA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

ORLA 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

ORLA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Cliquear nas imaxes para velas ampliadas.

miércoles, 11 de junio de 2014

VISITA AO CEP DE RIOMAIOR

Hoxe os maiores da escola visitaron o CEP de Riomaior onde irán o vindeiro curso. Botarémoslles moito de menos.
Cliquear na imaxe para vela ampliada.


lunes, 9 de junio de 2014

UNHA SORPRESA!!!

Dende o blog DUEÑOS DE ESTRELLAS  chegounos un regalo, animámosvos a visitalo.
http://duenhosdeestrellas.blogspot.com.es/
Cliquear na imaxe.
Ímolo a compartir con algúns dos blogs que seguimos...

martes, 3 de junio de 2014

OS BOMBEIROS

Hoxe visitamos o parque de bombeiros de Pontevedra. fixéronnos moitas demostracións, deixáronnos subir ao camión, disparamos auga coas mangueiras e o mellor de todo foi xogar coa espuma. Mollámonos un pouco pero mereceu a pena porque pasámolo en grande!!

lunes, 2 de junio de 2014

UNHA SORPRESA NO PATIO

HOXE, DENTRO DA NOSA CASIÑA DO PATIO, ATOPAMOS UNHA VACALOURA”. PARA MOITOS DE NÓS ERA A PRIMEIRA VEZ QUE A MIRABAMOS E BERRAMOS COMA TOLOS.
O QUE MÁIS CHAMOU A ATENCIÓN FOI O SEU TAMAÑO E AS SÚAS PINZAS.
AO FINAL FOI UN ESPECTÁCULO!
Cliquear na imaxe.


Despois na aula fixemos debuxos.

XA MEDRARON AS NOSAS PLANTAS

Cliquear na imaxe para vela ampliada.