Hoxe, na véspera de San Martiño, celebramos o Magosto na escola. Non saíu tan ben como esperabamos porque o tempo non acompañou, polo que tivemos que botar man do baixo cuberto.
Hoxe, como cada ano, os maiores da escola visitamos a granxa "Apípolis" en Santo André de Xeve.
Contáronos un conto de abellas, entramos no museo, fomos apicultores, fixemos galletas de mel e velas de cera.
O día acompañounos, e non tivemos tempo para aburrirnos.
O luns comezamos facendo o experimento do ovo saltarín, e hoxe temos o resultado. Se queredes facelo aconséllovos que utilicedes o ovo cru, aínda que na clase da profe Patri resultou ao contrario. O que saltaba era o cocido.
Coa chegada do outono decidimos facer a nosa propia árbore para decorar a aula
Participamos tod@s . Deunos un pouco de traballo pero o resultado mereceu a pena
O proxecto anual deste curso chámase "Un ano de ciencia", polo que ao longo de todo o ano faremos experimentos sinxelos cos nenos-as.
Hoxe empezamos co "globo que infla sen soprar". Non inflou tanto como desexabamos porque necesitaba un pouquiño máis de bicarbonato. De todos modos non se pode botar moito, xa que o globo acabaría explotando.
Aínda que estamos aprendendo moitas cousas sobre a vendima, hoxe tivemos a oportunidade de experimentala coas nosas propias mans grazas a Rosa, unha veciña que ten un viñedo preto da nosa escola.
A parra quedábanos un pouquiño alta, pero coa axuda das mestras puidemos cortar os nosos acios de uvas.
Mañá, co froito que recollemos, faremos mosto na escola.
Coma todos os anos, uns marchan e outros chegan...É tempo de novas amizades, de coñecerse e de voltar para aprender xuntos ao longo deste curso que temos por diante.
Aproveitando que hoxe comezou o verán e que o tempo, por fin, acompáñanos, fixemos unha xornada adicada aos xogos. Para rematar celebramos os cumpreanos dos nenos e nenas que cumpren en xullo e agosto.
Pasámolo en grande!
(Para ver os aniversarios de todo o ano tedes que ir ao lateral do blog)
Hoxe, todos os nenos e nenas do CRA de Vilaboa fomos de excursión ao "Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro". Pasámolo moi ben, aínda que o tempo non acompañou demasiado.
HOXE, OS NEN@S DE 5 ANOS VISITARON O CEP DE RIOMAIOR.
DISFRUTAMOS DUNHA MAÑÁ DIFERENTE , REPLETA DE DIVERTIDAS ACTIVIDADES EN COMPAÑÍA DOS QUE VAN A SER OS NOSOS COMPAÑEIR@S O VINDEIRO CURSO.
GRACIAS AO EQUIPO DOCENTE DO CENTRO POLA ATENCIÓN , A MERENDA E A MAÑÁ TAN DIVERTIDA QUE NOS PREPARARON
Hoxe, os máis pequenos do CRA, visitamos o parque de bombeiros de Pontevedra.
Pasámolo en grande!!
Un aplauso moi forte para os bombeiros porque fan que a actividade resulte moi atractiva para os nen@s!
Aínda que este ano non podemos presumir de primavera, temos o noso patio cheo de margaridas polo que aproveitamos para collelas e compoñer con elas os nosos nomes. Quedaron mellor do que pensabamos!
Voando polas escolas do CRA chegou á nosa escola o "BEE BOT" (robot en forma de abella). Pasamos un rato moi divertido programándoo para que seguira as nosas instruccións, e aínda que foi o primeiro día, a abelliña fixo todo o que lle pedimos. Hoxe estivemos traballando a direccionalidade.
Jessy, a prima de Diego, veu hoxe á escola para contarnos o conto de "Dona Carme".
Ademais do conto, preparou caretas de todos os animais para que os nen@s puideran ser os protagonistas da historia.
Como cada ano, a biblioteca do CRA fai unha proposta de traballo, co fin de que as familias colaboren na súa realización, xunto cos nen@s.
Este ano decidiuse a elaboración do "libro das emocións". Quedou estupendo!
Grazas a todas as familias por colaborar connosco!!
Hai uns días visitamos a panadaría Acuña e fixemos pan da maneira tradicional. Nesta ocasión fixémolo coa panificadora e tamén quedou estupendo, de feito non quedou nada.
Hoxe fixemos de "MASTER CHEFS", como lles gusta decir aos nen@s e fixemos unhas formigas comestibles. Necesitamos mini bollycaos, mikados, crema de cacao e lacasitos. Como non hai mans para tantos nen@s, a mamá de Carla prestouse para axudarnos. Grazas Silvia!
María e Bombillo (artista de circo) estaban namorados.O pai de María opoñíase ao romance. María
tiña outro pretendente,Carabiniere,
pero ao final triunfou o amor verdadeiro.