Dende a escola de Barciela queremos desexar un bo verán aos seguidores-as do noso blog e en especial aos nenos-as de 6º de Educ. Infantil que no vindeiro curso xa non están connosco na escola.
Por mor da folga de autobuses tivemos que cancelar a saída de fin de curso á granxa escola Serantellos en Cambados polo que, e debido ás altas temperaturas que temos estos días, acordamos baixar ata a praia de Deilán.
Pasámolo en grande aínda que a volta foi un pouco sofocante. Para remediar a calor chegamos á escola e fixemos unha pequena festa de auga.
Hoxe, os máis pequenos do CRA visitamos o parque de bombeiros de Pontevedra.
Coma sempre temos que agradecer a benvida que nos prestaron os bombeiros e o ben que nos tiñan preparadas as actividades.
Dende o equipo de biblioteca propúxose a elaboracion dun conto que iría voando por todas as escolas do CRA, tomando como protagonista a un paxariño.
Fíxose para poder contalo en forma de teatriño co "kamishibai" e este foi o resultado: