jueves, 30 de noviembre de 2017

IGUALDADE

Hoxe rematan as sesións de igualdade levadas a cabo por Amelia.
O conto de hoxe foi "Elenita", onde unha nena loita por lograr o que ela quere ser na vida, aínda que para conseguilo teña que disfrazarse do que non é.
Temos que seguir traballando para que os adultos do futuro medren libres de estereotipos, podan desenrolar o seu potencial e non se vexan limitados polo seu xénero.
Moitas grazas, Amelia!!

 
Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

miércoles, 29 de noviembre de 2017

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Moitos parabéns a Brayan e a Aroa que cumpren 3 e 5 anos!!!
                                Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 28 de noviembre de 2017

ALMORZO NA ESCOLA

Hoxe, dentro do programa da Xunta "Almorzos saudables" tomamos un almorzo inglés, que constou de pan, revolto de ovos con xamón de pavo, zume de laranxa e leite con cacao.

Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada


domingo, 26 de noviembre de 2017

IGUALDADE

Hoxe, Amelia contounos o conto "A metade de Xoán".
Non hai xogos, cores, oficios ou deportes que sexan para nenos ou nenas. Cada un de nós pode elexir o que queira porque todos e todas somos persoas.
Ao rematar o conto, cada un de nós fixo a Xoán ou Xoana e vestímolo ou vestímola como máis nos gustou.
Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

jueves, 23 de noviembre de 2017

RATOBOT EN BARCIELA

Esta semana, no obradoiro de robótica, coñecemos a Ratobot. Deixámosvos un vídeo para que o vexades:

jueves, 16 de noviembre de 2017

OBRADOIRO DA IGUALDADE

O conto de hoxe foi "Cabaliño de mar" onde os peixiños coidaban con moito agarimo os ovos que ían nacer.
A continuación os nenos e nenas crearon o seu cabaliño e  deixárono no fondo do mar.
Agora temos que coidalos moito!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 14 de noviembre de 2017

ALMORZOS SAUDABLES

Hoxe comezamos co programa de almorzos saudables na escola.
Almorzamos mandarina, pan con manteiga e marmelada de amorodos, croissants e leite con cacao.
En xeral, os nenos e nenas da escola disfrutaron moito do mesmo, e aínda houbo quen repetíu.
Fai clic nas imaxes para velas ampliadas



jueves, 9 de noviembre de 2017

OBRADOIRO DA IGUALDADE

Hoxe foi a primeira sesión, na que Amelia contounos o conto "O país dos mandóns" e a raíz del, construimos o noso país da igualdade.
Resultou moi interesante!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas