jueves, 31 de mayo de 2018

APRENDENDO MÁIS COUSIÑAS DO MAR

Como sabedes estamos traballando un proxecto do mar co que estamos a aprender moitísimas cousas. Cada nena e cada neno explicoulles aos seus compañeiros e compañeiras un animal mariño ou algo relacionado co mar. Aquí vai unha mostra na que María nos explica como son os peixes, Samuel cales son os aparellos de pesca, Naira amósanos as ameixas, Nicolás ensínanos os chocos, Nirah fala das bateas e Gabriel explica como son os mexillóns.
Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración nesta actividade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario