miércoles, 28 de noviembre de 2018

domingo, 25 de noviembre de 2018

CONMEMORACIÓN

25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero:


Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 20 de noviembre de 2018

ALMORZO MIXTO

Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola.
Dito almorzo consistíu en plátano, pan, iogur e mel.

Moitas grazas Josefa!

lunes, 19 de noviembre de 2018

PREPARAMOS A HORTA

Hoxe estreamos horta e para celebralo, e tendo en conta que o día estaba estupendo, dedicámonos a plantar hortalizas e verduras de inverno, tales como repolo, col, cenorias, leitugas e cebolas.
Moitas grazas ás familias do noso alumnado e ao concello de Vilaboa!!

sábado, 17 de noviembre de 2018

MAGOSTO

Chegou o magosto e na escola degustamos unha rica merenda e divertímonos xogando a varios xogos tradicionais.

 Moitas grazas ás familias pola súa implicación e participación!

 

martes, 13 de noviembre de 2018

ALMORZO MEDITERRÁNEO

Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola.
Dito almorzo consistíu en pan con aceite e tomate, zume de laranxa e leite con cacao.
Despois, a boca Tomasita, explicounos como limpar os dentes despois de cada comida.
Moitas grazas, como cada ano, a Josefa!


Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas


jueves, 8 de noviembre de 2018

UN ANO DE CONTOS: O PATIÑO FEO

A partir do conto: "O patiño feo", reflexionamos sobre as nosas diferenzas.


Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

martes, 6 de noviembre de 2018

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE

Onte visitounos Rocío e fixemos un obradoiro de compostaxe dentro do Plan Revitaliza da Deputación.





                                             Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

viernes, 2 de noviembre de 2018

CABACIÑAS DE CONTO

Neste curso estamos a traballar os contos tradicionais, polo que decidiuse que as cabaciñas de samaín virían disfrazadas de personaxes ou obxectos dos mesmos.
Moitísimas grazas ás familias pola súa imaxinación e traballo.
Quedaron de conto!!!


OBRADOIROS DE SAMAÍN



                                        Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.