Estamos a traballar o proxecto do corpo, e coma sempre contamos coa colaboración das familias. Carla e Sonia, a súa mamá, expuxeron hoxe o seu traballo sobre a columna vertebral. Imos aprender moitas cousas sobre os órganos do noso corpo! Moitas grazas!!!
Cristina, a mamá de Leo, explicounos como elaboran os traxes de madamas e galáns que desfilan no Entroido de Cobres. É un traballo digno de admirar, tanto polo traballo en sí coma polas horas que teñen que adicarlle. Moitísimas grazas!!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas
Hoxe visitounos Eli, da asociación "NÓS MESMAS". contounos un conto sobre a diversidade de familias a través da historia dunha cadeliña chamada GUAU. IGUÁLA-T PLAN DE IGUALDADE Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas