MAIOS 2020
Xa estamos a finais de abril e iso indica que comeza maio, por iso, esta semana, as propostas e retos xirarán en torno á celebración dos maios. A idea é que organicemos, durante toda a semana, a nosa propia celebración familiar.
Aquí ven o maio
de frores cuberto…
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
Tras falar en familia sobre os maios: tradición, primavera, boa colleita, rituais, coplas... comezamos a realización das diferentes propostas desta semana.
O resultado do traballo semanal desemboca na celebración da festa dos maios en familia. Cada familia, creará o seu propio ritual, decidindo, segundo as posibilidades, si será mais ou menos tradicional.
Comezamos coa creación dun pequeno maio ou ramo. Podemos utilizar elementos alternativos ou reciclados.

Cubrimos a base e decoramos... Como alternativa, podemos empregar teas, mantas, papel...
Facemos colares para nós tamén, que podremos lucir o día da celebración. Agulla e fío.
Para a celebración, é preciso cantar unha rima ou copla, por iso, a seguinte proposta trata de crear unha propia e recitala.
Pode ser unha única rima ou un conxunto, que formaría unha copla.
Por fin chega a celebración! Con todo preparado, comezamos os maios en familia.
A DESFRUTAR!
Podedes aproveitar para facer estas propostas: