Bo día! Esta semana remata o mes de maio e despedímonos del cun puñado de retos relacionados coas flores, xa o di o refrán: Maio, maión, moitas flores e trebón.
Parécevos se investigamos os nomes das flores? podedes incluso facer un herbario ou unha clasificación por cores...
E observando flores...
Seguro que percibístedes a presenza dun po amarelo...
Podedes facer un ramiño de flores, colocalo en auga e elixir un lugar para observalo.
Despois, preparades o material preciso e o representades, tal e como o vedes dende onde estades...
Algo unha chisca refrescante sería facer unha cubiños con flores...
E... por que non creades as vosas propias flores artísticas?
ÁNIMO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario