lunes, 1 de junio de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: 1 - 5 XUÑO


Bos días, as actividades que vos propoño para esta semana son as seguintes:

1- MÁQUINA DE BURBULLAS

Imos fabricar a nosa máquina de burbullas.
*Materiais
- vaso de plástico
- palliña
- xabón
- auga

1- Fai un pequeno buraco no teu vaso de plástico. Ten que ser o suficientemente grande como para meter a palliña.
2- Pon a metade de auga e a metade de xabón. Non necesitas moito. Asegúrache de que o líquido estea máis baixo que o buraco.
3- Mete a  túa palliña no vaso, inclínaa para metela no líquido e sopra!!!






2- MENSAXE SECRETA
Escribe a letra pola que empeza cada palabra para descubrir unha mensaxe oculta. Os guións separan as palabras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario