viernes, 26 de marzo de 2021

LUZ E COLOR

 Elaboramos unha instalación artística entre todxs. 

Partindo dunha superficie cuberta de papel blanco e iluminada con luz negra empregamos distintos tipos de materiais flúor que foron aparecendo durante o transcurso da sesión.

A idea era vivenciar distintas emocións a través da música e así expresalas a través do corpo creando unha obra de arte grupal.

O resultado... aquí o tedes

lunes, 15 de marzo de 2021

PREPARAMOS A HORTA

 Aproveitamos o bo tempo para limpar a nosa horta  e plantar leitugas e fresas.

agora toca esperar...








lunes, 8 de marzo de 2021

MULLERES GALEGAS NAS ARTES

 


AS NOSAS MULLERES

Esta instalación artística está adicada as nosas nais.
   
 Aparece unha cesta misteriosa na aula, dentro...
  • O conto: 'Bonitas' co que gozamos moito e reflexionamos.
  • Un paquete coa foto de Elena Colmeiro, o símbolo da muller e pasta de modelar; modelamos o símbolo da muller con barro.
  • Unha  nota que nos invita a falar sobre as nosas nais e nos lanza dúas misións:  representar a nosa nai e traer  un obxecto secreto relacionado cos seus gustos, pasatempos, profesión...
Con todo, elaboramos unha instalación artística para conmemorar o Día da Muller💜





8 M