miércoles, 30 de noviembre de 2022

XOGOS BOLSAS BRINCACONTOS 🧩🦘

 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na clase da mestra Maica tocounos a bolsa verde, asociada ao programa EduSostibilidade, e incorpora o xogo do “Veggies”.



Na clase da mestra Nerea, tocounous a bolsa azul, asociada al programa EduEmociona, co xogo sobre emocións “Emotiö”.

                



No hay comentarios:

Publicar un comentario