miércoles, 21 de febrero de 2024

Día da Lingua Materna

 21 de febreiro

Día da lingua materna

Aproveitamos a visita á BiblioCRA para elaborar o cartel do día da Lingua Materna empregando os recursos do Polo Creativo CRAcreando.






Por outro lado, retomando a recollida das palabras do lugar que fixemos o pasado curso, recollimos aquelas palabras en galego que nos gustan. 








sábado, 10 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 Este curso, as familias e os nenos e nenas elaboraron disfraces de cartón reciclado, eleximos os animais traballados: lobo, pita do monte e bolboreta arlequín.

 
 
  

A festa do Entroido, celebrámola na Escola de Pousada, na que tan ben nos acolleron. Fixemos varios obradoiros:

FILLOAS



 
 
BAILE:




 
MÁSCARAS



 
COLARES  E PULSEIRAS



 
 
MAQUILLAXE 









 
E MERENDA COAS FAMILIAS

 
GRAZAS FAMILIAS
 
¡VIVA O ENTROIDO!











jueves, 1 de febrero de 2024

ANIMAIS AUTÓCTONOS PROTEXIDOS

 Nas aulas estivemos traballando o concepto de animal en perigo de extinción.

Comezamos falando da pita do monte, animal xa extinto en Galicia. Outro animal que está protexido é o lobo, animal que actualmente non está especialmente en perigro. Outros animais como a bolboreta arlequín, o oso, o caracol quimper... si están en perigo e temos que ser concientes de todo o que está da nosa man para poder protexelos e axudalos.



DÍA DA PAZ

Xornada de convivencia co resto de nenos e nenas do CRA para conmemorar o Día da Paz. Celebramos este día cunha carreira solidaria nas Salinas, coa que recollemos alimentos. A saída rematou na Aula da Natureza, onde está  a Flor da Paz.

Acompañounos o noso querido Anxo Moure  durante toda a xornada cos seus cantos e contos de Paz.