ÚLTIMA XORNADA DO CURSO
Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores.
Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon.
Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos.
Toca seguir voando...
E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión.
Apertas fortes :)
Comentarios
Publicar un comentario