CHARLA PLAN DIRECTOR- VOZ NATURA

Na mañá de hoxe, a Escola de Barciela recibiu a visita de Verónica, da Garda Civil, acompañada do simpático títere Corralito, nunha actividade enmarcada no Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros educativos.

Durante a charla, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto o labor que realiza o SEPRONA, descubrindo a importante función que desempeña na protección do medio ambiente. A través dunha linguaxe próxima, clara e adaptada á infancia, reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza e respectar o noso entorno máis próximo.

Esta actividade forma parte do noso proxecto Voz Natura e cobra unha especial relevancia tendo en conta os graves e devastadores incendios sufridos este verán en Galicia, e moi especialmente no noso concello, Vilaboa. Falamos das boas prácticas que axudan a conservar os bosques, así como daquelas accións que poden poñer en risco a nosa seguridade e a dos animais e das árbores.

A visita resultou moi enriquecedora e permitiunos aprender, dun xeito ameno e participativo, que o coidado do medio ambiente é unha responsabilidade de todas e todos desde idades temperás.


 






Comentarios

Entradas populares de este blog

ÚLTIMA XORNADA DO CURSO