Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración nesta actividade.
jueves, 31 de mayo de 2018
APRENDENDO MÁIS COUSIÑAS DO MAR
Como sabedes estamos traballando un proxecto do mar co que estamos a aprender moitísimas cousas. Cada nena e cada neno explicoulles aos seus compañeiros e compañeiras un animal mariño ou algo relacionado co mar. Aquí vai unha mostra na que María nos explica como son os peixes, Samuel cales son os aparellos de pesca, Naira amósanos as ameixas, Nicolás ensínanos os chocos, Nirah fala das bateas e Gabriel explica como son os mexillóns.
Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración nesta actividade.
Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración nesta actividade.
miércoles, 30 de mayo de 2018
ANIVERSARIOS DE MAIO
Hoxe celebramos na escola o aniversario de Samuel que cumpriu 6 anos. Moitos parabéns!!!
jueves, 24 de mayo de 2018
SAÍDA A ALCAMPO E AO MUSEO DO MAR
Onte, as nenas e nenos de 5 anos, fomos de excursión a Vigo. Primeiro visitamos o Alcampo e explicáronnos que podemos atopar nun hipermercado e tamén como é a parte que non vemos cando imos facer a compra. Ao rematar a visita, fomos ao Museo do Mar. Alí aprendemos moitísimas máis cousas dos tiburóns e visitamos o seu acuario.
Fai clic nas imaxes para velas ampliadas
lunes, 21 de mayo de 2018
SAÍDA A DEILÁN A MARISCAR
A semana pasada fomos coñecer de cerca o traballo das mariscadoras. Baixamos á praia de Deilán e estivemos compartindo coas mariscadoras a xornada de traballo. Aprendemos como hai que buscar onde están as ameixas, que tipos hai, que fan cando as collen... e despois fomos á lonxa a comprobar que se fai alí.
Aquí deixamos unha mostra da nosa saída. Moitas grazas pola colaboración!
sábado, 19 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Este ano as letras galegas están dedicadas a María Victoria Moreno, na escola, estivemos traballando a súa biografía e coñecemos un dos seus libros: "Mar adiante".
lunes, 14 de mayo de 2018
IKER E AS MARISCADORAS
O mércores imos ir a Deilán para coñecer de cerca como é o traballo das mariscadoras. Para ter xa unha idea do que imos atopar, Iker explicounos esta mañá en que consiste o seu traballo, que levan de roupa, os útiles que empregan...
Moitas grazas pola explicación, xa estamos preparadas e preparados para ir mariscar!
sábado, 12 de mayo de 2018
PLANTAMOS AMORODOS
O xoves, antes de ir de excursión ao teatro, estivemos plantando amorodos na escola. Agora teremos que coidalos a diario para poder degustalos cando medren.
martes, 8 de mayo de 2018
CUNCHAS DO MAR
Esta fin de semana Naira foi á praia e recolleu moitas cunchas e algas para traérnolas á escola. Moitas grazas por ensinárnolas e explicarnos que son!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)