Bos días, comezamos semana con enerxía!!!! hoxe propóñovos unha actividade de sopro: Imos levar unha boliña de papel por un caminiño.
Necesitamos:
- un folio
- un anaco de papel para facer unha pequena boliña
- un lapis ou cera
Co anaco de papel imos facer unha pequena boliña e despois imos debuxar no folio un caminiño polo que imos levar a boliña. Ollo!!!! a boliña non pode saírse do camiño, se sae hai que volver empezar. Podedes facer unha carreira coa vosa familia, a ver quen é o máis rápido e o que mellor controla a boliña, jeje!!!
Outra opción é debuxar con xiz o camiño no chan.
IMOS ALÁ!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario