martes, 31 de marzo de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: XOGOS

Hoxe tócanos soprar. Imos facer 2 xogos diferentes:

1º XOGO: BURBULLAS
Necesitamos:
1 palliña
1 vaso con auga
Imos soprar coa palliña no vaso con auga para formar burbullas. Primeiro empezaremos soprando a modo, para aos poucos ir soprando máis forte, a ver que pasa coas burbullas!!!!

2º XOGO: BONECO DE NEVE
Necesitamos:
1 debuxo dun boneco de neve
2 algodón
1 algodón pintado de laranxa (para o nariz)
1 algodón pintado de negro para os ollos
Colocamos o debuxo do boneco de neve e fóra del colocamos trociños de algodón branco, negro e laranxa. Deberemos soprar sobre o algodón coas mans nas costas (non vale usar palliña para soprar) e aos poucos ir levándoo con noso sopro dentro do debuxo para formar o boneco de neve.

A SOPRAR!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario