miércoles, 30 de noviembre de 2022

XOGOS BOLSAS BRINCACONTOS 🧩🦘

 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na clase da mestra Maica tocounos a bolsa verde, asociada ao programa EduSostibilidade, e incorpora o xogo do “Veggies”.



Na clase da mestra Nerea, tocounous a bolsa azul, asociada al programa EduEmociona, co xogo sobre emocións “Emotiö”.

                



FASES DA LÚA - EXPERIMENTO

 










viernes, 25 de noviembre de 2022

25N - NIN UNHA MENOS

 

NIN UNHA MENOS


Dende o CRA de Vilaboa, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con esta exposición fotográfica inspirada na obra: ‘Nin unha menos’.


Nin unha menos’ trátase dunha performance realizada por Ana Gesto, dentro do proxecto "Mulleres en Acción. Violencia Zero", estreada o 25 de novembro de 2015 na Praza da Peregrina de Pontevedra. Coa colaboración especial dos artistas Cristian Gradín, Basilisa Fiestras, Alba Blanco e María Roja. 


A artista santiaguesa representou, arrastrando varias potas tradicionais cheas de pedras, a carga que supón para as vítimas do machismo o seu día a día. A intervención, de libre interpretación, rematou coa artista tumbada no chan e enterrada polo propio público con terra.















miércoles, 16 de noviembre de 2022

INSTALACIÓN DE POP ART

Este xoves visitaremos unha exposición na que veremos as obras de diferentes artista do Arte Pop ou Pop Art. 

Como actividade de motivación para esta saída e, tendo en conta que os momentos previos e posteriores son tan importantes como as saídas en si mesmas, preparouse unha instalación. Esta proposta centrouse no uso de elementos da vida cotiá e o contraste de cores, para a súa combinación e expresión artística

Aqui tedes unha mostra do traballo dos nenxs.