Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Comezamos cunha nova iniciativa, preparar as merendas na escola para todas. As persoas encargadas, cada semana preparan a merenda, serven e colaboran no lavado dos utensilios usados. Traballamos así a alimentación saudable, hixiene e limpeza, autonomía, a organización, a responsabilidade, vida práctica, a convivencia... O resultado desta primeira semana foi moi positivo: ¡GRAZAS FAMILIAS POR CONFIAR EN NÓS!
¡Xa estamos de volta na escola! É tempo de reencontros, xogo e de crear novos vínculos. Seguimos tamén coa elaboración das merendas na escola e esta semana, como novidade, tocou pizza...
Comentarios
Publicar un comentario