BOLSAS VIAXEIRAS

Esta semana estivemos decorando as bolsas que viaxarán da escola á casa e da casa á escola con contos, tesouros, obras de arte, notas...

Para comezar co PDI deste curso: CRArte, decidimos explorar a técnica da antotipia, similar a cianotipia, pero empregando un pigmento natural, neste caso, a cúrcuma.

Deste xeito, traballamos con pigmentos naturais e facemos un achegamento á orixe da fotografía.

Comezamos recollendo elementos naturais na contorna da escola, que prensamos  e deixamos secar, tamén puxemos o noso nome nas bolsiñas:


Elaboramos a emulsión fotosensible con cúrcuma e alcohol:


Aplicamos nas bolsas previamente marcadas:


Deixamos secar, cepillamos e creamos as nosas propias composicións:


Colocamos un cristal e expoñemos ao sol, non era necesario, pero no noso caso, as bolsas quedaron ata o día seguinte no exterior.
Na seguinte xornada, lavamos con auga e bicarbonato:


E deixamos secar ao sol:


Recollemos as bolsas do tendal e as probamos, aquí o resultado final:



Agradecemos ás familias a colaboración, implicación e información aportada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

ÚLTIMA XORNADA DO CURSO

MERENDAS NA ESCOLA