O SAMAÍN EN BARCIELA




Este ano na escola decidimos festexar o Samaín recuperando algunha das tradicións orixinais desta festa en Galiza

O Samaín é unha celebración de orixe celta que marca o fin da colleita de verán e outono e o inicio do inverno. Considerábase a noite do 31 de outubro, como aquela na que a porta entre o mundo dos vivos e dos mortos, se abría. 

Nos días próximos a esta data baleirábanse nabos e tallábanse con caras co gaio de colocarlle unha brasa ou candea dentro, e utilizalos como farolillos. Esta costume, que se reemprazou polas actuais cabazas, tiña o propósito de guiar as almas dos defuntos ás súas familias e afastar os espíritos non desexados. 

Vestíanse tamén con máscaras e peles de animais para protexerse deses espíritos e escorrentalos.

Festexábase en comunidade, celebrando coa familia e veciños arredor da mesa chea de comida. 

Tendo en conta esta historia, ao longo destes días, decidimos levar a cabo un conxunto de propostas que resumimos coas seguintes imaxes. 


OBRADOIRO DE TALLADO DE NABOS








OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE MÁSCARAS DE MILLO






FESTA DE SAMAÍN COAS FAMILIAS

As nosas familias organizaron unha merenda no baixo da escola, que xa estaba decorado con anterioridade por elas. GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!!






A TRADICIONAL DECORACIÓN DE CABAZAS 

Como xa ven sendo tradición, cada ano, a nivel centro, chegan ás distintas escolas cabazas decoradas en familia facendo uso de elementos compostables. Este ano ademais, aproveitamos este día para disfrazarnos de xeito libre. 







ANTOTIPIAS CON REMOLACHA

Fixemos o obradoiro en repetidos días, empregando remolacha en diferentes versións: ralada, cocida e na auga da cocción. Sempre mesturada con alcohol. 
Tras aplicar a mistura, deixamos secar e deseñamos as nosas composicións de SAMAÍN, para, finalmente, expoñer ao sol.





OUTRAS PROPOSTAS DE AULA






















Comentarios

Entradas populares de este blog

ÚLTIMA XORNADA DO CURSO

BOLSAS VIAXEIRAS