FESTEXAMOS O ENTROIDO

 




Este ano quixemos facer homenaxe ao Entroido de Cobres e para elo aprendemos da veciñanza, familias e compañeiras que forman parte del. O noso traxe foi unha interpretación, mostra e representación dos traxes das Madamas e Galáns dende os ollos das crianzas. Lazos, colares, plumas e flores, encheron de cor a nosa escola para festexar o que, dende logo foi un dos ENTROIDOS máis especiais. 

Velaquí deixamos algunhas imaxes do proceso.









E voilá, o resultado final!!




Este día festexamos acompañadas das nenas e nenos da Escola de Pousada e tamén das nosas queridas familias. Foi unha xornada de convivencia na que con faltaron os xogos, as conversas, a expresión artística, a música, o baile e a boa comida de Entroido!!  











GRAZAS









Comentarios

Entradas populares de este blog

ÚLTIMA XORNADA DO CURSO

O MILLO