REDE PLANEA - O
SESIÓN 0 - CUBRICIÓNS
Hoxe Brincacontos chegou cunha misión.
Ensinounos a obra de Christo e Jeanne-Claude, adicábanse a facer instalacións artísticas ambientais, normalmente empregaban teas para envolver edificios e áreas públicas extensas.
Levamos a cabo a primeira sesión do programa; comezamos observando tres obxectos cubertos con papel e cinta: ¿que serían? Pescudamos, tocamos, ulimos e fomos pasándonos os obxectos comentando en voz alta que poderían conter.
Na seguinte parte, abrimos dous dos paquetes (o que había no terceiro quedou alimentando a nosa curiosidade), cada unha abría un chisquiño e pasaba al seguinte, así ata descubrir o que contiña.
Fixemos chuvia de ideas para decidir que obxectos íbamos a cubrir nós para que chegasen á Escola de Paredes e nos puxemos mans á obra:
Para finalizar a sesión, atopamos unhas chaves que Brincacontos agochaba na súa bolsa marsupial....
CONTINUARÁ...










Comentarios
Publicar un comentario