Hoxe tócanos soprar. Imos facer 2 xogos diferentes:
1º XOGO: BURBULLAS
Necesitamos:
1 palliña
1 vaso con auga
Imos soprar coa palliña no vaso con auga para formar
burbullas. Primeiro empezaremos soprando a modo, para aos poucos ir soprando máis
forte, a ver que pasa coas burbullas!!!!
2º XOGO: BONECO DE NEVE
Necesitamos:
1 debuxo dun boneco de neve
2 algodón
1 algodón pintado de laranxa (para o nariz)
1 algodón pintado de negro para os ollos
Colocamos o debuxo do boneco de neve e fóra del colocamos
trociños de algodón branco, negro e laranxa. Deberemos soprar sobre o algodón
coas mans nas costas (non vale usar palliña para soprar) e aos poucos ir
levándoo con noso sopro dentro do debuxo para formar o boneco de neve.
A SOPRAR!!!!!!