Tocoulle o turno a Nayala e a Gabriel que nos trouxeron un "dallequedalle", unha bola de malabares, unha guitarra e unha frauta peruana. Seguimos dando as grazas ás familias por participar neste proxecto.
Hoxe foron Xian e Desi os que trouxeron os seus xoguetes feitos con material de refugallo: un cabalo e unhas maracas. Ademais temos un acuario que xurdíu da maleta viaxeira e á que todos foron aportando algún obxecto relacionado co tema da auga.
Como estos días estamos a traballar coas formas, fixemos un LIM moi sinxelo que queremos compartir con tod@s os seguidores do noso blog. Grazas a tod@s! Premade na ventaniña para velo ampliado.
Chegaron á escola novos xoguetes. Apareceron as dúas con "tres en raia"(aínda que cada un do seu estilo) e Antía trouxo ademais un dominó. Pasamos un rato moi entretido. Seguimos dando as grazas ás familias pola súa participación.