viernes, 22 de abril de 2016

OS TRES PORQUIÑOS

A mamá de Vera veu á escola para contarnos o conto dos tres porquiños. Aproveitamos para escenificalo e xogar coa pizarra dixital.
Moitas grazas, Paula!

jueves, 21 de abril de 2016

FORMIGAS COMESTIBLES

Hoxe fixemos de "MASTER CHEFS", como lles gusta decir aos nen@s e fixemos unhas formigas comestibles. Necesitamos mini bollycaos, mikados, crema de cacao e lacasitos. Como non hai mans para tantos nen@s, a mamá de Carla prestouse para axudarnos. Grazas Silvia!
Fai clic para velo ampliado

CONCERTO NO CONSERVATORIO MANUEL QUIROGA EN PONTEVEDRA

María e Bombillo (artista de circo) estaban namorados.  O pai de María opoñíase ao romance. María tiña outro pretendente,  Carabiniere, pero ao final triunfou o amor verdadeiro.
Música: Banda sonora de Westside Story
Fai clic na imaxe para vela ampliada.


martes, 19 de abril de 2016

A FORMIGA ASUSTADA

Co motivo do "día do libro" (23 de abril) e aproveitando o tema das formigas, fixemos un conto redondo titulado "A formiga asustada". Samuel, de 3 anos cóntao así de ben!

martes, 5 de abril de 2016