domingo, 29 de diciembre de 2013

jueves, 19 de diciembre de 2013

BOAS FESTAS!

A escola de Barciela deséxavos Bo Nadal e feliz ano novo!!!

PREMADE NAS IMAXES PARA VELAS AMPLIADAS.



Cando fixemos as fotos non estaba Hugo, agora podedes facer o crebacabezas da súa cara.
CREBACABEZAS DE HUGO
http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=050d4a6cb20a
Prema na imaxe para xogar





miércoles, 18 de diciembre de 2013

BOTAS DE NADAL

Este ano, todas as escolas do CRA decidimos mandar para casa uns adornos para que as familias decorasen cos nenos, e aproveitar os mesmos para poñer na nosa árbore de Nadal, que estará exposto o día do festival na Casa de Cultura. Á nosa escola tocoulle decorar botas, que quedaron super chulas. Grazas ás familias!!!
PREMADE NAS IMAXES PARA VELAS AMPLIADAS.

martes, 3 de diciembre de 2013

PANXOLIÑA PARA O FESTIVAL

Esta é a Panxoliña do festival de Nadal que van interpretar os nen@s da clase dos maiores o día 20.

Premade na imaxe para velo ampliado.

Pincha nas letras vermellas para escoitar a canción.

                             
                                           

miércoles, 27 de noviembre de 2013

COÑECENDO AS ABELLAS

Mañán xoves imos de excursión a "Apípolis" e estes días estivemos coñecendo e aprendendo moito sobre o mundo das abellas.


Powered by TripAdvisor
Aquí tedes un xogo para recordar. AS ABELLAS E O MEL
Premade na ventaniña para xogar.

viernes, 15 de noviembre de 2013

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Hoxe celebramos a festa do Magosto. O tempo,aínda que un pouco fresco, acompañounos para poder facelo ó aire libre. Fixemos xogos e coa axuda de papás e mamás todo saíu moi ben.

viernes, 8 de noviembre de 2013

AS FILLOAS DA AVOA CARMEN

A avoa de Adriana deleitounos hoxe cunha bandexa chea de filloas. Puxémonos coma cucos e non quedou nin a mostra. GRAZAS CARMEN!!

miércoles, 30 de octubre de 2013

miércoles, 23 de octubre de 2013

O ESPANTALLO BARCI

A nosa horta xa ten un novo espantallo. Grazas as nosas nais sempre dispostas a colaborar. Quedou chulisimo!
Premade na imaxe para velo ampliado.

martes, 22 de octubre de 2013

martes, 15 de octubre de 2013

lunes, 14 de octubre de 2013

COMEZAMOS A PREPARAR A HORTA

Hoxe, coa axuda das nosas nais, comezamos a preparar a horta. Plantamos repolos e leitugas e continuaremos....Moitas grazas as nais, que sempre están dispostas a botar unha man.

jueves, 10 de octubre de 2013

miércoles, 9 de octubre de 2013

XOGAMOS COAS PARTES DO CORPO

Xogamos a ser médicos, e con tal motivo estamos aprendendo o nome das partes do corpo.
Estamos a aprender moitas cousas do noso corpo o que temos dentro e fóra.

domingo, 29 de septiembre de 2013

OS PRIMEIROS ANIVERSARIOS

Celebramos os aniversarios de Óscar 3 anos, Alba e Aroa 4 anos. Moitas felicidades!!!

ANIVERSARIOS OUTUBRO 2013-14 Aniversarios de Outubro "A festa" on PhotoPeach ANIVERSARIOS NOVEMBRO 2013 ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO 2013 on PhotoPeach ANIVERSARIO DE DECEMBRO ANIVERSARIO DE DECEMBRO on PhotoPeach ANIVERSARIOS XANEIRO 2014 ANIVERSARIOS XANEIRO 2014 on PhotoPeach ANIVERSARIOS DE FEBREIRO 2014 ANIVERSARIO DE FEBREIRO on PhotoPeach ANIVERSARIOS DE MARZO 2014 Aniversarios marzo 2014 on PhotoPeach ANIVERSARIOS ABRIL 2014 ANIVERSARIOS DE ABRIL 2014 on PhotoPeach ANIVERSARIOS MAIO 2014 ANIVERSARIOS MAIO 2014 on PhotoPeach

viernes, 20 de septiembre de 2013

BENVIDOS Á ESCOLA

Damos a benvida a todos os nenos e nenas, e en especial aos 9 que se incorporaron neste novo curso escolar ( 8 de 3 anos e Isaac de 4). Temos que dicir que os máis pequenos son uns campeóns e ainda que ao longo da mañán hai de todo, o seu comezo na escola o están levando moi ben.

viernes, 6 de septiembre de 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013-14

BENVIDOS Ó NOVO CURSO ESCOLAR 2013-14.  
 As clases darán comezo o día 11 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h (nen@s de 4 e 5 anos).

O período de adaptación de 4º de Educ.Infantil (3 anos) farase de forma escalonada, polo que avisaremos ás familias do horario que se seguirá no mesmo. Dito periodo rematará o martes, día 24 de setembro. A partires do día 25 o horario será o mesmo que para o resto do alumnado
(de 9:00h a 14:00h).

lunes, 24 de junio de 2013

REMATA O CURSO 2012-13

Remata o curso e por iso queremos desexarvos unhas felices vacacións de verán. Unha aperta e un bico moi forte para os nenos e nenas de 6º de Educ.infantil que no vindeiro curso xa non están connosco na escola.

jueves, 20 de junio de 2013

O NOSO TEMPO ATMOSFÉRICO

Agora é o tempo atmosférico da clase dos maiores. Dámosvos de novo as grazas a todas as familias pola vosa colaboración ao longo do curso.

ANIVERSARIOS DE XUÑO E VERÁN

Premade na imaxe para vela ampliada.

Para ver os Aniversarios de todo o curso premade AQUÍ.

sábado, 15 de junio de 2013

viernes, 14 de junio de 2013

O TEMPO ATMOSFÉRICO

A proposta do equipo de normalización lingüística fixemos o noso dicionario coa axuda das familias. Seguimos dando as grazas a todas pola vosa colaboración.
Estas son as primeiras. Quedou estupendo!

jueves, 13 de junio de 2013

VISITA AO C.E.P. DE RIOMAIOR

Hoxe os nen@s que rematan o ciclo de Educación infantil das Escolas de Pousada e Barciela fixeron unha visita ao seu novo cole.
C.E.P de Riomaior.



miércoles, 12 de junio de 2013

ORLA PROMOCIÓN 2010-2013

Moitas felicidades aos nen@s que rematan o ciclo de Educación infantil na escola de Barciela.

Premade na imaxe para vela ampliada,

lunes, 10 de junio de 2013

PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

Hoxe todos  os nenos e nenas do CRA fomos ao Parque arqueolóxico de Campo Lameiro. Pasámolo moi ben.  Foi moi interesante. Transportámonos á idade de bronce.

E AGORA OS PEQUENOS DE BARCIELA.

viernes, 7 de junio de 2013

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS DE PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 3 anos do CRA de Vilaboa fomos bombeiros por un día: puxemos o casco, subimos ao camión, disparamos auga coa mangueira e metímonos dentro dunha gran piscina de escuma. Pasámolo en grande!!!

jueves, 6 de junio de 2013

OS GRADUADOS DO CRA

Parabéns a tod@s os nen@s que rematan a etapa de Educación Infantil no CRA.

Premade na foto para vela ampliada.

domingo, 26 de mayo de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2013



Os preparativos.
Premade na imaxe para vela ampliada.

Tedes máis fotos do festival na NUBE en AS NOSAS COUSAS. Proximamente subiremos o vídeo das representacións.

viernes, 17 de mayo de 2013

XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO


Esta é a recopilación de todos os xoguetes chegados á escola. Moitísimas grazas ás familias dos nenos e nenas pola vosa colaboración, xa que de non ser así non poderíamos levar a cabo dito proxecto. A exposición dos mesmos terá lugar na Casa de Cultura de Riomaior a partir do martes 21 de maio. Esperámosvos a tod@s o día do festival!!
 E aquí tedes os xoguetes xa preparados para a exposición na Casa de Cultura de Riomaior do 21 ao 28 de maio.

miércoles, 15 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Estas son as caracterizacións de Roberto Vidal Bolaño dos nenos e nenas de 3 anos


E así se transformaron @s nen@s de 4 e 5 anos neste gran autor galego.

lunes, 13 de mayo de 2013

OS NOSOS RETRATOS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Hoxe fixemos o retrato de Roberto Vidal Bolaño, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar o día das Letras Galegas 2013.
Premade na imaxe para vela ampliada.

Premade na imaxe para vela ampliada
Fai o crebacabezas.

lunes, 6 de mayo de 2013

CHEGAN OS ÚLTIMOS XOGUETES A ESCOLA

Aquí tedes os últimos xoguetes: o teléfono de Uxía Rosendo, as maracas de Mara, o submarino de David e a Carrilana e as carteiras de Daniela e Uxía.







Premade nas imaxes para velas ampliadas.