viernes, 21 de diciembre de 2018

NADAL 2018

FESTIVAL DE NADAL ENTREGA DAS CARTAS AOS REIS MAGOS DO CRA
Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

jueves, 20 de diciembre de 2018

martes, 18 de diciembre de 2018

miércoles, 12 de diciembre de 2018

BEEBOT NO NADAL!

Chega decembro e a nosa mascota robótica, Beebot, xa ten o seu disfraz preparado para realizar xogos relacionados co Nadal. Lemos e relacionamos palabras con imaxes, orientámonos no taboleiro e contamos casillas, descubrimos as cancións agochadas nos códigos QR, etc. HO, HO, HO!!

miércoles, 28 de noviembre de 2018

domingo, 25 de noviembre de 2018

CONMEMORACIÓN

25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero:


Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 20 de noviembre de 2018

ALMORZO MIXTO

Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola.
Dito almorzo consistíu en plátano, pan, iogur e mel.

Moitas grazas Josefa!

lunes, 19 de noviembre de 2018

PREPARAMOS A HORTA

Hoxe estreamos horta e para celebralo, e tendo en conta que o día estaba estupendo, dedicámonos a plantar hortalizas e verduras de inverno, tales como repolo, col, cenorias, leitugas e cebolas.
Moitas grazas ás familias do noso alumnado e ao concello de Vilaboa!!

sábado, 17 de noviembre de 2018

MAGOSTO

Chegou o magosto e na escola degustamos unha rica merenda e divertímonos xogando a varios xogos tradicionais.

 Moitas grazas ás familias pola súa implicación e participación!

 

martes, 13 de noviembre de 2018

ALMORZO MEDITERRÁNEO

Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola.
Dito almorzo consistíu en pan con aceite e tomate, zume de laranxa e leite con cacao.
Despois, a boca Tomasita, explicounos como limpar os dentes despois de cada comida.
Moitas grazas, como cada ano, a Josefa!


Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas


jueves, 8 de noviembre de 2018

UN ANO DE CONTOS: O PATIÑO FEO

A partir do conto: "O patiño feo", reflexionamos sobre as nosas diferenzas.


Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

martes, 6 de noviembre de 2018

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE

Onte visitounos Rocío e fixemos un obradoiro de compostaxe dentro do Plan Revitaliza da Deputación.





                                             Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

viernes, 2 de noviembre de 2018

CABACIÑAS DE CONTO

Neste curso estamos a traballar os contos tradicionais, polo que decidiuse que as cabaciñas de samaín virían disfrazadas de personaxes ou obxectos dos mesmos.
Moitísimas grazas ás familias pola súa imaxinación e traballo.
Quedaron de conto!!!


OBRADOIROS DE SAMAÍN



                                        Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

martes, 30 de octubre de 2018

BEE-BOT E O SAMAÍN

A nosa mascota robótica, Beebot, tamén festexa o Samaín cos nenos e nenas da escola... Aprendemos números, nocións espaciais, xogos relacionados coas rutinas, lemos títulos de contos e xogamos cos seus personaxes, investigamos os segredos agochados tras os códigos QR, cantamos, bailamos, etc. Qué divertida é esta abelliña!!




Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

lunes, 29 de octubre de 2018

VISITA Á GRANXA "APÍPOLIS"

Como cada ano, os maiores do CRA de Vilaboa visitamos á granxa Apípolis.
Aprendemos moitas cousas sobre as abellas, fomos apicultores por un día, fixemos galletas de mel...


Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

jueves, 25 de octubre de 2018

SAMAIN


Na escola, algúns contos decidiron esconderse porque estaban tristes e cansados de dar medo.

 Fixeron un escondite moi misterioso!

Cada día desenterraremos un conto para contalo e valorar se nos da: nada de medo, un pouco de medo, medo ou moito medo...














miércoles, 24 de octubre de 2018

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Hoxe celebramos na escola os aniversarios de Yoel, Naira e Gabriel.
Parabéns!!!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

jueves, 18 de octubre de 2018

DA RAZÓN DE GOYA AOS MONSTROS DE DALÍ

Hoxe visitamos a sala de exposicións do Café Moderno de Pontevedra. Alí coñecemos obras de Goya e Dalí e realizamos as nosas propias creacións.

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

O NOME

Coñecemos a inicial do noso nome

jueves, 11 de octubre de 2018

FACEMOS PAN

Hoxe fixemos pan na escola.
Aínda que nos quedou un pouquiño duro comémolo todo!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

jueves, 4 de octubre de 2018

UN ANO DE CONTOS: OS TRES PORQUIÑOS

Ao longo deste curso imos traballar diferentes contos clásicos. Na escola de Barciela comezamos polo conto dos tres porquiños e aquí deixamos unha representación:

 

TORTIÑAS DE MILLO

Seguimos coñecendo máis alimentos feitos con MILLO. Hoxe chegoulle a quenda as tortiñas de millo, coas que realizamos un taller moi divertido no que representamos as nosas caras:
Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada!

miércoles, 3 de octubre de 2018

POMBIÑAS DE MILLO

Como estamos a traballar o MILLO, a profe Nerea trouxo unha maquiniña para facer pombiñas.
Non chegaron a nada!!!
Temos que facelas máis a miúdo!!!

Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada!

martes, 2 de octubre de 2018

O MILLO

Chegou o outono e con el a vendima e a colleita do millo.
Hoxe achégamonos ata a finca que ten a nosa veciña Rosa.
Os nenos e as nenas disfrutaron moitísimo meténdose polo medio do millo e collendo espigas que máis tarde debullamos na escola.
Grazas de novo a Rosa por colaborar connosco nesta actividade que doutra maneira non poderiamos levala a cabo.

viernes, 28 de septiembre de 2018

SAÍDA A VENDIMAR

Hoxe saímos a vendimar á finca da señora Rosa.O mellor de todo foi papar as uvas, MOITAS GRAZAS ROSA!

miércoles, 26 de septiembre de 2018

CUMPREANOS DE SETEMBRO

Hoxe celebramos na escola o cumpreanos de Darío.
Moitísimas felicidades!!!
Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

jueves, 20 de septiembre de 2018

COMPOSTEIRO NA ESCOLA

Grazas ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra xa temos composteiro na escola.
A partir de agora xa podemos aproveitar os residuos orgánicos das nosas merendas, convertilos en compost e coidar o medio ambiente.

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas