Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como OFICIOS

OFICIOS: ELECTRICISTA

Imagen
Hoxe pasámolo xenial porque miramos cousas moi curiosas: unha xoaniña, un coche, unha formigoneira e varios xogos que nos trouxo o papá de Diego Rey, que é electricista . Todos os obxectos foron feitos por el con material de refugallo. O que máis nos gustou foi o pompeiro porque volvíamonos tolos querendo coller as pompas!. Moitas grazas, Diego!!!

O CAMIÓN DE DAMIÁN

Hoxe veu o papá de Uxía co seu camión. Pasámolo moi ben! É chulisimo e moi, moi grande.  Moitas grazas, Damián.  Cliquear na ventaniña de abaixo para velo ampliado.

OFICIOS: PERRUQUEIRA

Imagen
A mamá de Naia é perruqueira, e con ese motivo tivemos unha sesión completa de perruquería: cortamos, puxemos os rulos, pranchamos o pelo, peiteamos, maquillamos e ata puxémonos mascarilla. Este oficio deu moito xogo! Moitas grazas, Carina!!!

ISABEL É TRAUMATÓLOGA

Isabel, a mamá de Alicia, é traumatologa. Hoxe veu ao cole e contounos moitas cousas do seu traballo. Pasámolo moi ben.Graciñas Isabel!

JAVI É MILITAR

O papá de Adriana é militar. Veu á escola para explicarnos un pouco en qué consiste o seu traballo.  

OFICIOS

Imagen
O papá de Mar ten unha tenda de electrodomésticos, entre outras cousas, e hoxe veu á escola para explicarnos un pouco en qué consiste o seu traballo. Para rematar, entre todos fixemos o deseño dunha cociña, con gaiola de papagaio incluida!                                                    Cliquea na imaxe para vela ampliada

OFICIOS: "MARISCADORA"

Imagen
Estamos a coñecer os oficios dos nosos papás e mamás. hoxe estivo na escola a mamá de lucía Soto que é mariscadora   e explicounos en que consiste o seu traballo. Ensinounos os aparellos que utiliza e ademais puidemos ver as diferentes ameixas: xapónica, fina e berberechos.  Moitas grazas,Inés! Cliquea na imaxe para vela ampliada