Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como proxecto "O mar"

APRENDENDO MÁIS COUSIÑAS DO MAR

Imagen
Como sabedes estamos traballando un proxecto do mar co que estamos a aprender moitísimas cousas. Cada nena e cada neno explicoulles aos seus compañeiros e compañeiras un animal mariño ou algo relacionado co mar. Aquí vai unha mostra na que María nos explica como son os peixes, Samuel cales son os aparellos de pesca, Naira amósanos as ameixas, Nicolás ensínanos os chocos, Nirah fala das bateas e Gabriel explica como son os mexillóns. Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración nesta actividade.

SAÍDA A DEILÁN A MARISCAR

Imagen
A semana pasada fomos coñecer de cerca o traballo das mariscadoras. Baixamos á praia de Deilán e estivemos compartindo coas mariscadoras a xornada de traballo. Aprendemos como hai que buscar onde están as ameixas, que tipos hai, que fan cando as collen... e despois fomos á lonxa a comprobar que se fai alí. Aquí deixamos unha mostra da nosa saída. Moitas grazas pola colaboración!

IKER E AS MARISCADORAS

Imagen
O mércores imos ir a Deilán para coñecer de cerca como é o traballo das mariscadoras. Para ter xa unha idea do que imos atopar, Iker explicounos esta mañá en que consiste o seu traballo, que levan de roupa, os útiles que empregan... Moitas grazas pola explicación, xa estamos preparadas e preparados para ir mariscar!

NOVAS MASCOTAS

Imagen
Onte ao chegar á escola, atopamos en cada aula unha sorpresa, estes peixiños!! Entre todas e todos pensamos nomes e escollemos "LARANXIÑA" o peixiño da clase da profe Olalla e "LILI" o peixiño da clase da profe Maica. Como nos gustaron tanto, este trimestre imos traballar e investigar o mar e os peixes.