jueves, 21 de diciembre de 2017

miércoles, 20 de diciembre de 2017

lunes, 18 de diciembre de 2017

ESTRELIÑAS

Como cada ano, as familias do alumnado do CRA xunto cos seus nenos e nenas, decoran un motivo navideño.
Este ano tratouse dunha estrela, que coma sempre quedou moi orixinal.
Moitísimas grazas!!!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

CARTA AOS REIS DO CRA

Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

jueves, 30 de noviembre de 2017

IGUALDADE

Hoxe rematan as sesións de igualdade levadas a cabo por Amelia.
O conto de hoxe foi "Elenita", onde unha nena loita por lograr o que ela quere ser na vida, aínda que para conseguilo teña que disfrazarse do que non é.
Temos que seguir traballando para que os adultos do futuro medren libres de estereotipos, podan desenrolar o seu potencial e non se vexan limitados polo seu xénero.
Moitas grazas, Amelia!!

 
Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

miércoles, 29 de noviembre de 2017

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Moitos parabéns a Brayan e a Aroa que cumpren 3 e 5 anos!!!
                                Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 28 de noviembre de 2017

ALMORZO NA ESCOLA

Hoxe, dentro do programa da Xunta "Almorzos saudables" tomamos un almorzo inglés, que constou de pan, revolto de ovos con xamón de pavo, zume de laranxa e leite con cacao.

Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada


domingo, 26 de noviembre de 2017

IGUALDADE

Hoxe, Amelia contounos o conto "A metade de Xoán".
Non hai xogos, cores, oficios ou deportes que sexan para nenos ou nenas. Cada un de nós pode elexir o que queira porque todos e todas somos persoas.
Ao rematar o conto, cada un de nós fixo a Xoán ou Xoana e vestímolo ou vestímola como máis nos gustou.
Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

jueves, 23 de noviembre de 2017

RATOBOT EN BARCIELA

Esta semana, no obradoiro de robótica, coñecemos a Ratobot. Deixámosvos un vídeo para que o vexades:

jueves, 16 de noviembre de 2017

OBRADOIRO DA IGUALDADE

O conto de hoxe foi "Cabaliño de mar" onde os peixiños coidaban con moito agarimo os ovos que ían nacer.
A continuación os nenos e nenas crearon o seu cabaliño e  deixárono no fondo do mar.
Agora temos que coidalos moito!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 14 de noviembre de 2017

ALMORZOS SAUDABLES

Hoxe comezamos co programa de almorzos saudables na escola.
Almorzamos mandarina, pan con manteiga e marmelada de amorodos, croissants e leite con cacao.
En xeral, os nenos e nenas da escola disfrutaron moito do mesmo, e aínda houbo quen repetíu.
Fai clic nas imaxes para velas ampliadas



jueves, 9 de noviembre de 2017

OBRADOIRO DA IGUALDADE

Hoxe foi a primeira sesión, na que Amelia contounos o conto "O país dos mandóns" e a raíz del, construimos o noso país da igualdade.
Resultou moi interesante!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 31 de octubre de 2017

AS NOSAS CABACIÑAS

Moitísimas grazas ás familias polo seu traballo e imaxinación á hora de decorar as cabazas.
Quedaron xeniais!!!

O SAMAÍN NA ESCOLA



                                Fai clic nas imaxes para velas ampliadas

jueves, 26 de octubre de 2017

CUMPREANOS DE OUTUBRO

Moitas felicidades a Arón, Yoel, Gabriel, Naira, Breo e Íker!!!!

Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

martes, 10 de octubre de 2017

OBRADOIRO DE ROBÓTICA 4 E 5 ANOS

As nenas e nenos de 4 e 5 anos tamén comezaron o obradoiro de robótica e até se converteron en abelliñas robot!
                                  Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

lunes, 2 de octubre de 2017

PLANTAMOS CARBALLOS

Despois de ler o conto "Xaime e as landras" decidimos plantar os nosos carballiños.
Agora só queda esperar que as nosas landras agromen, xerminen e medren!

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

Hoxe, as pequenas e pequenos de 3 anos de Barciela, comezaron o obradoiro de robótica coñecendo á BEEBOT.
                                  Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

jueves, 28 de septiembre de 2017

CUMPREANOS DE SETEMBRO

Moitas felicidades a Carla e Darío.
Tamén felicitamos a Lucía, que hoxe non puido celebrar o cumpre na escola por estar enferma. Moitos biquiños e que se recupere pronto!
Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

jueves, 21 de septiembre de 2017

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Coma todos os anos, uns marchan e outros chegan...É tempo de novas amizades, de coñecerse e de voltar para aprender xuntos ao longo deste curso que temos por diante.
COMEZAMOS!

sábado, 24 de junio de 2017

CHEGAN AS VACACIÓNS!!!

Dende a escola de Barciela queremos desexar un bo verán aos seguidores-as do noso blog e en especial aos nenos-as de 6º de Educ. Infantil que no vindeiro curso xa non están connosco na escola.

Ata sempre e un biquiño moi forte!

martes, 20 de junio de 2017

SAÍDA Á PRAIA DE DEILÁN

Por mor da folga de autobuses tivemos que cancelar a saída de fin de curso á granxa escola Serantellos en Cambados polo que, e debido ás altas temperaturas que temos estos días, acordamos baixar ata a praia de Deilán.
Pasámolo en grande aínda que a volta foi un pouco sofocante. Para remediar a calor chegamos á escola e fixemos unha pequena festa de auga.

jueves, 8 de junio de 2017

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS

Hoxe, os máis pequenos do CRA visitamos o parque de bombeiros de Pontevedra.
Coma sempre temos que agradecer a benvida que nos prestaron os bombeiros e o ben que nos tiñan preparadas as actividades.


OS BOMBEIROS DA ESCOLA
Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

martes, 6 de junio de 2017

CONTO VIAXEIRO: O PAXARO

Dende o equipo de biblioteca propúxose a elaboracion dun conto que iría voando por todas as escolas do CRA, tomando como protagonista a un paxariño.
Fíxose para poder contalo en forma de teatriño co "kamishibai" e este foi o resultado: