Esta é a recopilación de todos os xoguetes chegados á escola. Moitísimas grazas ás familias dos nenos e nenas pola vosa colaboración, xa que de non ser así non poderíamos levar a cabo dito proxecto. A exposición dos mesmos terá lugar na Casa de Cultura de Riomaior a partir do martes 21 de maio. Esperámosvos a tod@s o día do festival!! E aquí tedes os xoguetes xa preparados para a exposición na Casa de Cultura de Riomaior do 21 ao 28 de maio. XOGUETES CO MATERIAL DE REFUGALLO Publish at Calameo or read more publications .
Aquí tedes os últimos xoguetes: o teléfono de Uxía Rosendo, as maracas de Mara, o submarino de David e a Carrilana e as carteiras de Daniela e Uxía. Premade nas imaxes para velas ampliadas.
Trátase dun óvalo de madeira cun buraco. Con moito coidado tíñao que encestar dentro do pao. Aínda que resultaba un pouco complicado intentámolo tod@s e con algunha trampiña, algunha vez que outra, conseguíamolo.
Como somos moitos na escola non deixan de chegar xoguetes novos. O papaventos de Cora probarémolo cando faga vento e Sol, porque parece que este ano a primavera faise de rogar. Moitas grazas a todas as familias que seguen rompendo a cabeza para traer estes xoguetes feitos con tanta imaxinación e traballo. Os xoguetes de Hugo e Iago.
Tocoulle o turno a Nayala e a Gabriel que nos trouxeron un "dallequedalle", unha bola de malabares, unha guitarra e unha frauta peruana. Seguimos dando as grazas ás familias por participar neste proxecto.
Hoxe foron Xian e Desi os que trouxeron os seus xoguetes feitos con material de refugallo: un cabalo e unhas maracas. Ademais temos un acuario que xurdíu da maleta viaxeira e á que todos foron aportando algún obxecto relacionado co tema da auga.
Chegaron á escola novos xoguetes. Apareceron as dúas con "tres en raia"(aínda que cada un do seu estilo) e Antía trouxo ademais un dominó. Pasamos un rato moi entretido. Seguimos dando as grazas ás familias pola súa participación.
Mateo e Ceci trouxeron á escola os seus xoguetes feitos con materiais de refugallo: marioneta, barco pirata e os monicreques de Brancaneves e os sete ananiños.