lunes, 14 de diciembre de 2015

NADAL

Como cada ano temos que agradecer ás familias pola súa colaboración nos adornos de Nadal, que este ano formarán parte da panxoliña de inglés.
MOITAS GRAZAS!!

Cliquear nas imaxes para velas ampliadas.

viernes, 6 de noviembre de 2015

jueves, 29 de octubre de 2015

XA ESTAMOS NO SAMAÍN!!!

Este ano, as nosas cabaciñas disfrazáronse de "MONSTRO DAS CORES". Agradecemos ás familias polo traballo realizado. Quedaron xeniais!!!







Cliquea nas imaxes para velas ampliadas

martes, 13 de octubre de 2015

O VERME DAS CORES E DOS NÚMEROS

Hoxe estivemos xogando co noso verme. Ao tempo que traballamos as cores imos organizando os números dende o un ata o dez.
Cliquea na imaxe para vela ampliada

lunes, 5 de octubre de 2015

AS CORES DAS EMOCIÓNS

Cliquea na imaxe para vela ampliada
Estamos a traballar o conto "O monstro das cores" e hoxe estaba moi liado. Buscamos as cores e as organizamos para que cada emoción estivera no seu sitio.

lunes, 28 de septiembre de 2015

EL MONSTRUO DE COLORES (LIM)


CLIQUEA NA VENTANIÑA PARA VELO AMPLIADO.
ENLACE: https://dl.dropboxusercontent.com/u/6707461/EL%20MONSTRUO%20DE%20COLORES/el_monstruo_de_colores.html
https://www.pinterest.com/finaqueraltlvar/emociones/
Para ver máis sobre Emocións cliquear na imaxe pequena.

miércoles, 23 de septiembre de 2015

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Os máis pequerrechos do cole remataron hoxe o seu periodo de adaptación. Aínda que a maioría xa entran na escola con moitas ganas, queda moito por percorrer.
Benvidos/as á escola!

XA CHEGOU O OUTONO!!

Cliquea na imaxe para vela ampliada

viernes, 19 de junio de 2015

BO VERÁN!!!

miércoles, 17 de junio de 2015

martes, 16 de junio de 2015

CONTACONTOS: "PULGARCITO"

A mamá de Óscar veu á escola a contarnos o conto de Pulgarcito. Aínda que o conto era un pouco longo fixo que mantivéramos a atención en todo momento, xa que o cambio de voces dos personaxes era auténtico.
Moitas grazas, Lawrence!!!
Cliquea na imaxe para vela ampliada

ANIVERSARIOS DE VERÁN

Cliquear na imaxe para vela ampliada.

martes, 9 de junio de 2015

AS NOSAS ORLAS

ORLA NEN@S 3 ANOS
ORLA NEN@S 4 ANOS
ORLA NEN@S 5 ANOS
Cliquear nas imaxes para velas ampliadas.

viernes, 5 de junio de 2015

VISITA Á POLICIA LOCAL

Hoxe, os máis pequenos do CRA, visitamos as instalacións da Policía local de Pontevedra.
Miramos os coches e motos de policía, e os axentes explicáronnos en que consiste o seu traballo.
Aproveitamos a saída para merendar e xogar no parque da Xunqueira do Lérez.

martes, 2 de junio de 2015

OFICIOS: ELECTRICISTA

Hoxe pasámolo xenial porque miramos cousas moi curiosas: unha xoaniña, un coche, unha formigoneira e varios xogos que nos trouxo o papá de Diego Rey, que é electricista. Todos os obxectos foron feitos por el con material de refugallo. O que máis nos gustou foi o pompeiro porque volvíamonos tolos querendo coller as pompas!.
Moitas grazas, Diego!!!

CUMPREANOS DE XUÑO

Cliquea na imaxe para vela ampliada

sábado, 30 de mayo de 2015

ENTREGA DE ORLAS 2015

Cliquear na barra de abaixo para velo ampliado e escoitar a música.

Cliquear na imaxe para vela ampliada.

viernes, 29 de mayo de 2015

VISITA AO CEP DE RIOMAIOR

Hoxe visitamos o cole de Riomaior. Temos que dar as grazas a todos os nen@s e profes que organizaron a visita. Pasámolo xenial!!!

jueves, 28 de mayo de 2015

O CAMIÓN DE DAMIÁN

Hoxe veu o papá de Uxía co seu camión. Pasámolo moi ben! É chulisimo e moi, moi grande.
 Moitas grazas, Damián.
 Cliquear na ventaniña de abaixo para velo ampliado.

CONTACONTOS: "COCORICO"

A mamá de Mateo contounos o conto de COCORICO. O fixo xenial!.
         Moitas grazas, Raquel!
Cliquear abaixo para velo ampliado e escoitar a música.

miércoles, 27 de mayo de 2015

OFICIOS: PERRUQUEIRA

A mamá de Naia é perruqueira, e con ese motivo tivemos unha sesión completa de perruquería: cortamos, puxemos os rulos, pranchamos o pelo, peiteamos, maquillamos e ata puxémonos mascarilla. Este oficio deu moito xogo!
Moitas grazas, Carina!!!


"FUN AO MERCADO" FESTIVAL 2015


martes, 26 de mayo de 2015

ISABEL É TRAUMATÓLOGA

Isabel, a mamá de Alicia, é traumatologa. Hoxe veu ao cole e contounos moitas cousas do seu traballo. Pasámolo moi ben.Graciñas Isabel!

CONTACONTOS

Hoxe foi Isabel, a mamá de Lucía Loira, a que veu á escola a contarnos un conto. Ademais dos "Tres porquiños" traía outro que nos gustou moito, que se chamaba "A sopa queima". Convidámola a vir outro día para que nos contara outro así de ben.
 Moitísimas grazas!!
Cliquea na imaxe para vela ampliada

ANIVERSARIOS DE MAIO

Moitas felicidades aos tres.
Cliquear na imaxe para vela ampliada.

viernes, 22 de mayo de 2015

OS GRADUADOS 2012-15

Hoxe foi a entrega das orlas no festival. Aquí están todos contentos, acompañados das que fomos as súas profes durante estes tres anos, Fina e Maica. Desexámosvos o mellor. Un biquiño moi forte para todos-as!
Cliquear na imaxe para vela ampliada.

En breve poñeremos o vídeo do festival e a entrega das orlas.


jueves, 21 de mayo de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS "OS TRES OSOS"

Hoxe foi o turno de Lucho, o papá de Alba. Contounos o conto "os tres osos". O fixo moi ben. Graciñas Lucho.

JAVI É MILITAR

O papá de Adriana é militar. Veu á escola para explicarnos un pouco en qué consiste o seu traballo.
 

OFICIOS

O papá de Mar ten unha tenda de electrodomésticos, entre outras cousas, e hoxe veu á escola para explicarnos un pouco en qué consiste o seu traballo.
Para rematar, entre todos fixemos o deseño dunha cociña, con gaiola de papagaio incluida!
                                                   Cliquea na imaxe para vela ampliada

miércoles, 20 de mayo de 2015

CONTACONTOS: "O POLO PEPE"

Hoxe foi o turno de Vanesa, a mamá de Aroa. Contounos o conto do "polo Pepe" e seguidamente cantamos a canción. ademais fixo a súa versión de "Riciños de ouro". O fixo estupendamente.
 Moitas grazas por colaborar!
Cliquea na imaxe para vela ampliada

martes, 19 de mayo de 2015

viernes, 15 de mayo de 2015

miércoles, 13 de mayo de 2015

OFICIOS: "MARISCADORA"

Estamos a coñecer os oficios dos nosos papás e mamás. hoxe estivo na escola a mamá de lucía Soto que é mariscadora e explicounos en que consiste o seu traballo.
Ensinounos os aparellos que utiliza e ademais puidemos ver as diferentes ameixas: xapónica, fina e berberechos.
 Moitas grazas,Inés!
Cliquea na imaxe para vela ampliada

martes, 12 de mayo de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS

Dende a biblioteca do CRA saíu a proposta de que os pais e nais , sempre e cando tiveran tempo e estiveran dispostos, viñeran a contarnos un conto á escola.
Hoxe foi o turno da mamá de Brais.
Moitas grazas,Silvia!

 cliquea na imaxe para vela ampliada

lunes, 11 de mayo de 2015

PSICOMOTRICIDADE

Hoxe, na clase de psicomotricidade, o mestre Alejandro levounos para fóra, e ademais de disfrutar dun día espléndido divertímonos moitísimo xogando co paracaídas.
cliquea na imaxe para vela ampliada

domingo, 26 de abril de 2015

CALÉNDULA


 Para saber máis da Caléndula cliquear AQUÍ, e AQUÍ
Cliquear no debuxo para saber máis das plantas aromáticas e medicinais.

jueves, 23 de abril de 2015

martes, 21 de abril de 2015

ESTRENAMOS PATIO

Hoxe, despois de moito tempo esperando, puidemos volver a xogar no patio. Aínda que faltan cousas por arranxar disfrutamos do bo tempo sen po e xogando no noso novo areeiro.
CLIQUEA NA IMAXE PARA VELO AMPLIADO.