jueves, 31 de marzo de 2016

AS FORMIGAS

Arrancamos cun novo proxecto, adicado aos bichos. Neste caso escollemos ás formigas. Antes de comezar co mesmo queremos saber os coñecementos que os nenos-as teñen sobre elas e esto é o que nos contaron.

viernes, 11 de marzo de 2016

MUSEO E ROTEIRO POLA ZONA VELLA DE PONTEVEDRA

Hoxe visitamos outra das salas do Museo de Pontevedra, adicada a arte abstracta, e a continuación Roberto foi o noso guía e deunos a coñecer as diferentes prazas da zona vella.
Aínda que somos un pouco pequenos sorprenderíavos das cousas que aprendemos!


jueves, 10 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA (KANDINSKY)

Co motivo da semana da prensa, os pequenos periodistas da escola informámosvos sobre a vida e obra de "Kandinsky".
 Esperamos que vos guste!

miércoles, 9 de marzo de 2016

VISITA Á BIBLIOTECA

Os máis pequenos da escola visitamos a biblioteca pública de Pontevedra. Rocío contounos o conto do gato tragón e por último puidemos escoller e mirar os libros que máis nos gustaban.


martes, 8 de marzo de 2016

ARTE (LA BAILARINA)

Como estamos a traballar o proxecto da arte, a mamá de Naia ofreceuse para vir a escola e ensinarnos a utilizar a técnica da cola branca e a sal. Para iso escolleu o cadro "La bailarina" de Miró. Estivemos moi atent@s as súas explicacións para rematar facendo os nosos propios cadros.
Quedaron chulísimos!
Moitísimas grazas, Carina!

 

Fai clic na imaxe para vela ampliada.

viernes, 4 de marzo de 2016

GRISELA

A contacontos de hoxe foi Vanesa, a mamá de Aroa.
Contounos o conto de Grisela, dirixiu o LIM que aparece a continuación e axudounos a facer un monicreque da protagonista do conto.
Moitísimas grazas!!!
Fai clic na imaxe para vela ampliada



jueves, 3 de marzo de 2016

ARTE (RETRATOS)

Fai clic sobre a imaxe para velo ampliado

RETRATOS DE KANDINSKY 
Fai clic sobre a imaxe para velo ampliado.