Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como CONTOS

DONA CARME

Imagen
Jessy, a prima de Diego, veu hoxe á escola para contarnos o conto de "Dona Carme". Ademais do conto, preparou caretas de todos os animais para que os nen@s puideran ser os protagonistas da historia. Moitísimas grazas!!! Fai clic na imaxe para vela ampliada

OS TRES PORQUIÑOS

Imagen
A mamá de Vera veu á escola para contarnos o conto dos tres porquiños. Aproveitamos para escenificalo e xogar coa pizarra dixital. Moitas grazas, Paula!

MARILUZ AVESTRUZ

Imagen

GRISELA

Imagen
A contacontos de hoxe foi Vanesa, a mamá de Aroa. Contounos o conto de Grisela, dirixiu o LIM que aparece a continuación e axudounos a facer un monicreque da protagonista do conto. Moitísimas grazas!!! Fai clic na imaxe para vela ampliada

5ª SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
Hoxe veu Fabi, a mamá de Xiana, para contarnos dos contos: "O gato lambón" e "O galo Quirico". fíxoo xenial!!! Graciñas. E aquí tedes un xogo do conto. Fai clic na imaxe para xogar.

4ª SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
Hoxe veu á escola Isa, a mamá de Lucía, para contarnos dous contos: "A mellor sopa do mundo" e "Pulga e Xigante". Moitas grazas Isa, pasámolo moi ben. Fai clic na imaxe para vela ampliada.

3ª SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
A mamá de Mar veu á escola para contarnos o conto "O coelliño branco". Fíxoo xenial!!! Graciñas, Marta. Fai clic na imaxe para xogar

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Imagen
A maxia das cores!!! Cliquear na imaxe para vela ampliada

2ª SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
Hoxe veu á escola Raquel, a mamá de Mateo, para contarnos dous contos:¨Paco Trolas" e ¨Coas mans baleiras¨, o fixo xenial!

SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
 A mamá de Brais veu  á escola para contarnos dous contos moi divertidos: "O libro inquieto" e "A noite dos piratas". Pasámolo moi ben porque, ademais de que ela cóntaos estupendamente, participamos de forma activa nos mesmos.

EL MONSTRUO DE COLORES (LIM)

Imagen
CLIQUEA NA VENTANIÑA PARA VELO AMPLIADO. ENLACE: https://dl.dropboxusercontent.com/u/6707461/EL%20MONSTRUO%20DE%20COLORES/el_monstruo_de_colores.html Para ver máis sobre Emocións cliquear na imaxe pequena.

CONTACONTOS: "PULGARCITO"

Imagen
A mamá de Óscar veu á escola a contarnos o conto de Pulgarcito. Aínda que o conto era un pouco longo fixo que mantivéramos a atención en todo momento, xa que o cambio de voces dos personaxes era auténtico. Moitas grazas, Lawrence!!! Cliquea na imaxe para vela ampliada

CONTACONTOS: "COCORICO"

A mamá de Mateo contounos o conto de COCORICO. O fixo xenial!.          Moitas grazas, Raquel! Cliquear abaixo para velo ampliado e escoitar a música.

CONTACONTOS

Imagen
Hoxe foi Isabel, a mamá de Lucía Loira, a que veu á escola a contarnos un conto. Ademais dos "Tres porquiños" traía outro que nos gustou moito, que se chamaba "A sopa queima". Convidámola a vir outro día para que nos contara outro así de ben.  Moitísimas grazas!! Cliquea na imaxe para vela ampliada

SESIÓN DE CONTACONTOS "OS TRES OSOS"

Hoxe foi o turno de Lucho, o papá de Alba. Contounos o conto "os tres osos". O fixo moi ben. Graciñas Lucho.

CONTACONTOS: "O POLO PEPE"

Imagen
Hoxe foi o turno de Vanesa, a mamá de Aroa. Contounos o conto do "polo Pepe" e seguidamente cantamos a canción. ademais fixo a súa versión de "Riciños de ouro". O fixo estupendamente.  Moitas grazas por colaborar! Cliquea na imaxe para vela ampliada

SESIÓN DE CONTACONTOS: "OS OGROS"

Hoxe Marga, a mamá de Adriana, contounos dos contos. O fixo moi ben. Graciñas Marga!

SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
Dende a biblioteca do CRA saíu a proposta de que os pais e nais , sempre e cando tiveran tempo e estiveran dispostos, viñeran a contarnos un conto á escola. Hoxe foi o turno da mamá de Brais. Moitas grazas,Silvia!  cliquea na imaxe para vela ampliada

DÍA DO LIBRO 2015

Imagen
Este ano fixemos un libro redondo. XOGO DO CONTO , CLIQUEA NA VENTANIÑA PARA XOGAR.

VISITA DE TAMARA

Imagen
Hoxe na escola pasámolo estupendamente!!. Visitounos Tamara, contou uns contos chulísimos e fíxonos rir moito coas súas historias e xogos.