jueves, 27 de diciembre de 2012

FELIZ ANO 2013

As profes da escola de Barciela desexámosvos un feliz ano novo a todos os seguidores do noso blog.

jueves, 20 de diciembre de 2012

lunes, 17 de diciembre de 2012

XA ESTAMOS NA NUBE

Este curso empezamos todas as escolas do CRA un proxecto con moita ilusión. É "Redes de escolas na nube". Estamos a aprender. Máis adiante informaremos ás familas en que consiste. Cliquear na imaxe para ver información do proxecto.


E aquí tedes os nenos inmersos na NUBE


viernes, 14 de diciembre de 2012

O LIBRO VIAXEIRO TRÁENOS MÁIS XOGUETES

Nesta ocasión foi Javier, o pai de Ainara, o que colaborou connosco na confección de dous xoguetes con material de refugallo. Moitas grazas!!

A ESCOLA ESTRELADA

Moitas grazas ás familias. Aquí tedes o resultado.
PREMADE NA IMAXE PARA VELO AMPLIADO.


lunes, 10 de diciembre de 2012

viernes, 30 de noviembre de 2012

MUÍÑO DE AUGA

Santi e Alejandra trouxeron un muíño de auga que fixeron na súa casa, e Hugo trouxo un aparello antigo para regar cebolas.


miércoles, 28 de noviembre de 2012

XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO

O primeiro libro viaxeiro neste curso escolar consiste na recopilación de xoguetes feitos con material de refugallo. Grazas ás familias pola vosa axuda! Aquí tedes os primeiros (Luisa e Alejandra)

viernes, 16 de noviembre de 2012

FESTA DO MAGOSTO 2012

Hoxe fixemos a Festa do Magosto e pasámolo estupendamente. E aquí tedes traballiños que fixeron os nenos.
 
PREMADE NAS IMAXES PARA VELAS AMPLIADAS


lunes, 12 de noviembre de 2012

MAGOSTO

O VINDEIRO VENRES DÍA 16 OS NEN@S CELEBRARÁN A FESTA DO MAGOSTO NO COLE SE O TEMPO O PERMITE.


QUEREDES FACER UN CREBACABEZAS DAS CASTAÑAS?
PREMADE NA IMAXE PARA XOGAR.


6

lunes, 15 de octubre de 2012

XOGANDO Ó BINGO

Hoxe xogamos por primeira vez ó bingo de letras na escola,pasámolo estupendamente e recordamos o son das letras.
Premade na imaxe para vela ampliada.

sábado, 13 de octubre de 2012

O DEDIÑO PINTOR

Os pequenos da escola empezamos a traballar co dediño pintor e, para ser a primeira vez, fixémolo xenial!

lunes, 8 de octubre de 2012

PRIMEIROS EXPERIMENTOS COA AUGA

Hoxe fixemos os nosos primeiros experimentos sobre a auga.As ideas xurdiron da mamá de Santi e Alejandra: 1º.-Flota o aceite na auga?. 2º.-Chove na aula. 3º.-Obxectos que flotan ou que afunden.

viernes, 5 de octubre de 2012

O OSO PANDA NA ESCOLA

O luns, cando chegamos, atopamos na entrada da escola unhas pintadas.
A partir desas manchas negras mirade o que saiu....
      Grazas ás mamás.sodes unhas artistas!!!.


sábado, 29 de septiembre de 2012

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

MOITOS PARABÉNS AROA, ALBA E ROBERTO. FELIZ ANIVERSARIO A TOD@S!MIRADE COMO O CELEBRAMOS NA ESCOLA.



ANIVERSARIOS OUTUBRO 2012-13
MOITAS FELICIDADES ADRIANA, DANIELA E YOEL!!!  ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO. ANIVERSARIOS NOVEMBRO 2012 on PhotoPeach ANIVERSARIOS DE DECEMBRO. ANIVERSARIOS DE DECEMBRO 2012 on PhotoPeach ANIVERSARIOS DE FEBREIRO. ALBA E DESI CUMPREN 6 ANOS FELICIDADES!!! ANIVERSARIOS DE FEBREIRO on PhotoPeach ANIVERSARIOS DE MARZO, NEREA E HUGO CUMPREN 5 ANOS FELICIDADES!!!
ANIVERSARIOS DE ABRIL ANIVERSARIOS ABRIL 2012-13 on PhotoPeach ANIVERSARIOS DE MAIO 2013 ANIVERSARIOS MAIO 2013 on PhotoPeach

domingo, 23 de septiembre de 2012

XA É OUTONO

O sábado démoslle a benvida ó outono, e para empezar a ambientarnos en dita estación fixemos un LIM que esperamos que vos guste.
                                                              Moitos biquiños!!!

Premade na ventaniña para xogar

sábado, 22 de septiembre de 2012

BENVIDOS Á ESCOLA!!!

Hoxe, os pequerrechos da escola rematamos o periodo de adaptación. Empezamos o novo curso escolar 2012-13!

jueves, 13 de septiembre de 2012

PROXECTO "A AUGA"





Ola de novo ós seguidores do noso blog. Aproveitamos tamén para dar a benvida a todos aqueles que se incorporen ó longo deste novo curso escolar.
Aínda que acabamos de empezar e todavía os nenos están adaptándose á escola queremos que saibades
que un dos proxectos que imos levar a cabo este ano e "A AUGA".

jueves, 6 de septiembre de 2012

BENVIDOS AO CURSO 2012-13

BENVIDOS Ó NOVO CURSO ESCOLAR 2012-13.  
 As clases darán comezo o día 12 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h (nen@s de 4 e 5 anos).

PARA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos). 
Esta semana o horario de dito período será de 10:00h a 12:30h 
MÉRCORES, DÍA 12 
OMAR.
MATEO.
AINARA.
UXÍA DOPAZO.
ALEJANDRA. 
XOVES,DÍA 13 
ISAAC.
AROA.
CELTIA.
ALBA.
ÁLEX. 
VENRES,DÍA 14 
CORA.
ADRIANA.
UXÍA ROSENDO.
SALETA.
AINHOA. 
   A próxima semana o horario será de 10:00h a 13:00h. É importante que os teléfonos estean disponibles por se hai que chamar a algunha familia para que veñan a recollelos antes.
   A partir do luns, día 24, empezaremos co horario normal das clases, de 9:00h a 14:00h. 
ALUMN@S DO CURSO 2012-13
Premade nas imaxes para velas ampliadas.

viernes, 22 de junio de 2012

REMATE DO CURSO 2011-12

Hoxe rematou o curso, e por iso queremos desexarvos a tod@s unhas boas vacacións e darlles un bico moi forte aos nen@s de 5 anos que o ano que vén xa non están connosco na escola. Aproveitamos tamén para desexar un bo verán a tod@s os seguidores do noso blog. Un apertiña moi forte!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

SAÍDA AO ZOO DE VIGO

Hoxe, todas as escolas do CRA fixemos a excursión de fin de curso. Fomos ao zoo de Vigo e pasámolo estupendamente.

Premade na imaxe para vela ampliada.


lunes, 18 de junio de 2012

DIPLOMA PARA A ESCOLA DE BARCIELA

As profes da escola tamén recibimos un diploma que nos fixo moita ilusión, dende "Un proxecto entre todos", outorgado polas  profes organizadoras ANA,FINI,MIREIA,MIREN e NOELIA. Dende aquí dámoslles as grazas e esperamos continuar nesta aventura que  achegounos tanto.


A COLLEITA DOS CHÍCHAROS


Por fin rematou de chover e hoxe puidemos recoller os chícharos da nosa horta, debullámolos e levámolos a casa para facer unha ensalada. Aquí vedes os traballiños.
PREMADE NA IMAXE PARA VELA AMPLIADA


viernes, 15 de junio de 2012

ORLAS E GRADUADOS 2012

OS GRADUADOS 2009-2012

Premade nas imaxes para velas ampliadas
0RLA DOS NENOS DE 3 ANOS


ORLA NENOS 4 E 5 ANOS


jueves, 14 de junio de 2012

VISITA AO CEP DE RIOMAIOR

Hoxe, os maiores da Escola de Barciela e Pousada visitamos o CEP de Riomaior, onde imos ir o próximo curso. Pasámolo moi ben vendo todas as instalacións, xogando cos xogos que nos prepararon os nen@s de primeiro e sexto curso. Gozamos dunha merenda moi sa a base de froita e tratáronnos estupendamente. Imos a estar moi ben no noso novo cole.

 Premade na imaxe para vela ampliada.

viernes, 8 de junio de 2012

VISITA DE TAMARA

Hoxe na escola pasámolo estupendamente!!. Visitounos Tamara, contou uns contos chulísimos e fíxonos rir moito coas súas historias e xogos.

martes, 5 de junio de 2012

VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS

Aínda que o tempo non acompañou demasiado, os pequenos da escola pasámolo estupendamente facendo de bombeiros por un día, e sobre todo xogando polo medio da escuma.

martes, 29 de mayo de 2012

PRÓXIMA SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS

O próximo martes 5 de xuño,os pequenos do CRA farán unha saída ao parque de Bombeiros. Dexámosvos unhas actividades para coñecer mellor o traballo que desempeñan.
Premade na ventaniña para xogar.


Xogar a "Sam o Bombeiro". Utiliza as frechas para cambiar de carril cando haxa obstáculos.
Dougie se disfraza de bombero.