martes, 28 de mayo de 2019

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Estamos aprendendo moitas cousas sobre os OSOS PARDOS e as principais causas da súa extinción.


Investigamos tamén outros animais como a abella e o oso polar, as causas da súa extinción e que podemos facer para contribuír a súa protección e supervivencia.


Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

lunes, 13 de mayo de 2019

REPOLOS E CEBOLAS

Hoxe estivemos apañando os enormes repolos e as ceboliñas da nosa horta.
Agora temos que esperar a que medren as cenorias e os amorodos, que xa teñen moi boa pinta.


jueves, 2 de mayo de 2019

PAMPULLOS

Aproveitando o bo tempo e que os campos están cheos de pampullos, os nenos e nenas da escola disfrutaron hoxe realizando diferentes actividades con estas flores.
Moitas grazas ás familias!!