Hoxe veu o papá de Uxía co seu camión. Pasámolo moi ben! É chulisimo e moi, moi grande. Moitas grazas, Damián. Cliquear na ventaniña de abaixo para velo ampliado.
A mamá de Naia é perruqueira, e con ese motivo tivemos unha sesión completa de perruquería: cortamos, puxemos os rulos, pranchamos o pelo, peiteamos, maquillamos e ata puxémonos mascarilla. Este oficio deu moito xogo! Moitas grazas, Carina!!!
Hoxe foi Isabel, a mamá de Lucía Loira, a que veu á escola a contarnos un conto. Ademais dos "Tres porquiños" traía outro que nos gustou moito, que se chamaba "A sopa queima". Convidámola a vir outro día para que nos contara outro así de ben. Moitísimas grazas!! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe foi a entrega das orlas no festival. Aquí están todos contentos, acompañados das que fomos as súas profes durante estes tres anos, Fina e Maica. Desexámosvos o mellor. Un biquiño moi forte para todos-as! Cliquear na imaxe para vela ampliada. En breve poñeremos o vídeo do festival e a entrega das orlas.
O papá de Mar ten unha tenda de electrodomésticos, entre outras cousas, e hoxe veu á escola para explicarnos un pouco en qué consiste o seu traballo. Para rematar, entre todos fixemos o deseño dunha cociña, con gaiola de papagaio incluida! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe foi o turno de Vanesa, a mamá de Aroa. Contounos o conto do "polo Pepe" e seguidamente cantamos a canción. ademais fixo a súa versión de "Riciños de ouro". O fixo estupendamente. Moitas grazas por colaborar! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Estamos a coñecer os oficios dos nosos papás e mamás. hoxe estivo na escola a mamá de lucía Soto que é mariscadora e explicounos en que consiste o seu traballo. Ensinounos os aparellos que utiliza e ademais puidemos ver as diferentes ameixas: xapónica, fina e berberechos. Moitas grazas,Inés! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Dende a biblioteca do CRA saíu a proposta de que os pais e nais , sempre e cando tiveran tempo e estiveran dispostos, viñeran a contarnos un conto á escola. Hoxe foi o turno da mamá de Brais. Moitas grazas,Silvia! cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe, na clase de psicomotricidade, o mestre Alejandro levounos para fóra, e ademais de disfrutar dun día espléndido divertímonos moitísimo xogando co paracaídas. cliquea na imaxe para vela ampliada