A VENDIMA E O MOSTO
Aínda que estamos aprendendo moitas cousas sobre a vendima, hoxe tivemos a oportunidade de experimentala coas nosas propias mans grazas a Rosa , unha veciña que ten un viñedo preto da nosa escola. A parra quedábanos un pouquiño alta, pero coa axuda das mestras puidemos cortar os nosos acios de uvas. Mañá, co froito que recollemos, faremos mosto na escola.