Entradas

Mostrando entradas de 2018

NADAL 2018

Imagen
FESTIVAL DE NADAL ENTREGA DAS CARTAS AOS REIS MAGOS DO CRA Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Imagen
Onte celebramos os aniversarios de Nirah e Paula. Moitos parabéns!

OBRADOIRO DE NADAL

Imagen
Onte realizamos un obradoiro de centros de nadal coas familias.Todo un éxito! Grazas a todos e todas pola implicación e participación!

BOLAS DE NADAL

Imagen
Moitísimas grazas ás familias!!

BEEBOT NO NADAL!

Chega decembro e a nosa mascota robótica, Beebot, xa ten o seu disfraz preparado para realizar xogos relacionados co Nadal. Lemos e relacionamos palabras con imaxes, orientámonos no taboleiro e contamos casillas, descubrimos as cancións agochadas nos códigos QR, etc. HO, HO, HO!!

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Imagen
Hoxe celebramos na escola os aniversarios de Aroa e Carla. Parabéns!!!

CONMEMORACIÓN

Imagen
25 de novembro : Día Internacional contra a violencia de xénero: Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

ALMORZO MIXTO

Imagen
Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola. Dito almorzo consistíu en plátano, pan, iogur e mel. Moitas grazas Josefa!

PREPARAMOS A HORTA

Imagen
Hoxe estreamos horta e para celebralo, e tendo en conta que o día estaba estupendo, dedicámonos a plantar hortalizas e verduras de inverno, tales como repolo, col, cenorias, leitugas e cebolas. Moitas grazas ás familias do noso alumnado e ao concello de Vilaboa!!

MAGOSTO

Imagen
Chegou o magosto e na escola degustamos unha rica merenda e divertímonos xogando a varios xogos tradicionais.  Moitas grazas ás familias pola súa implicación e participación!  

ALMORZO MEDITERRÁNEO

Imagen
Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola. Dito almorzo consistíu en pan con aceite e tomate, zume de laranxa e leite con cacao. Despois, a boca Tomasita, explicounos como limpar os dentes despois de cada comida. Moitas grazas, como cada ano, a Josefa! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

UN ANO DE CONTOS: O PATIÑO FEO

Imagen
A partir do conto: "O patiño feo", reflexionamos sobre as nosas diferenzas. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE

Imagen
Onte visitounos Rocío e fixemos un obradoiro de compostaxe dentro do Plan Revitaliza da Deputación.                                              Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

CABACIÑAS DE CONTO

Imagen
Neste curso estamos a traballar os contos tradicionais, polo que decidiuse que as cabaciñas de samaín virían disfrazadas de personaxes ou obxectos dos mesmos. Moitísimas grazas ás familias pola súa imaxinación e traballo. Quedaron de conto!!!

OBRADOIROS DE SAMAÍN

Imagen
                                        Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

BEE-BOT E O SAMAÍN

Imagen
A nosa mascota robótica, Beebot, tamén festexa o Samaín cos nenos e nenas da escola... Aprendemos números, nocións espaciais, xogos relacionados coas rutinas, lemos títulos de contos e xogamos cos seus personaxes, investigamos os segredos agochados tras os códigos QR, cantamos, bailamos, etc. Qué divertida é esta abelliña!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

VISITA Á GRANXA "APÍPOLIS"

Imagen
Como cada ano, os maiores do CRA de Vilaboa visitamos á granxa Apípolis. Aprendemos moitas cousas sobre as abellas, fomos apicultores por un día, fixemos galletas de mel... Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

SAMAIN

Imagen
Na escola, algúns contos decidiron esconderse porque estaban tristes e cansados de dar medo.  Fixeron un escondite moi misterioso! Cada día desenterraremos un conto para contalo e valorar se nos da: nada de medo, un pouco de medo, medo ou moito medo...

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Imagen
Hoxe celebramos na escola os aniversarios de Yoel, Naira e Gabriel. Parabéns!!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

DA RAZÓN DE GOYA AOS MONSTROS DE DALÍ

Imagen
Hoxe visitamos a sala de exposicións do Café Moderno de Pontevedra. Alí coñecemos obras de Goya e Dalí e realizamos as nosas propias creacións. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

O NOME

Imagen
Coñecemos a inicial do noso nome

FACEMOS PAN

Imagen
Hoxe fixemos pan na escola. Aínda que nos quedou un pouquiño duro comémolo todo! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

OS SENTIDOS: OÍDO E TACTO

Imagen

OS SENTIDOS: GUSTO E OLFATO

Imagen
Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

UN ANO DE CONTOS: OS TRES PORQUIÑOS

Imagen
Ao longo deste curso imos traballar diferentes contos clásicos. Na escola de Barciela comezamos polo conto dos tres porquiños e aquí deixamos unha representación:  

TORTIÑAS DE MILLO

Imagen
Seguimos coñecendo máis alimentos feitos con MILLO . Hoxe chegoulle a quenda as tortiñas de millo, coas que realizamos un taller moi divertido no que representamos as nosas caras: Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada!

POMBIÑAS DE MILLO

Imagen
Como estamos a traballar o MILLO , a profe Nerea trouxo unha maquiniña para facer pombiñas. Non chegaron a nada!!! Temos que facelas máis a miúdo!!! Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada!

O MILLO

Imagen
Chegou o outono e con el a vendima e a colleita do millo. Hoxe achégamonos ata a finca que ten a nosa veciña Rosa. Os nenos e as nenas disfrutaron moitísimo meténdose polo medio do millo e collendo espigas que máis tarde debullamos na escola. Grazas de novo a Rosa por colaborar connosco nesta actividade que doutra maneira non poderiamos levala a cabo.

SAÍDA A VENDIMAR

Imagen
Hoxe saímos a vendimar á finca da señora Rosa.O mellor de todo foi papar as uvas, MOITAS GRAZAS ROSA!

CUMPREANOS DE SETEMBRO

Imagen
Hoxe celebramos na escola o cumpreanos de Darío. Moitísimas felicidades!!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

COMPOSTEIRO NA ESCOLA

Imagen
Grazas ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra xa temos composteiro na escola. A partir de agora xa podemos aproveitar os residuos orgánicos das nosas merendas, convertilos en compost e coidar o medio ambiente. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas