Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

AS LANDRAS TRANSFORMÁRONSE EN CARBALLOS!

Imagen
A comezos de curso plantamos unhas landras despois de ler o conto "Xaime e as landras". Estivemos agardando estes meses a que agromaran, xerminaran e medraran e... o outro día levamos unha boa sorpresa ao comprobar que moitas das nosas landras convertéronse en carballos!!!

DÍA DO LIBRO

Imagen
Para celebrar o "Día do libro" aprendemos uns poemas do mar, aproveitando que seguimos co Ano de Poesía. Agardamos que vos gusten.

Saída ao museo e mercado de Pontevedra

Imagen
Onte, as nenas e nenos de cinco anos, visitamos o museo e o mercado de Pontevedra. No museo fixemos un pequeno percorrido pola Historia aprendendo moitas cousas. Logo fomos ao mercado para coñecer a carnizaría, distintos peixes e mariscos que venden nas peixarías, froitas e verduras, flores... e para rematar, decoramos un marcapáxinas e probamos unha deliciosa tosta de paté de mexillón.

NOVAS MASCOTAS

Imagen
Onte ao chegar á escola, atopamos en cada aula unha sorpresa, estes peixiños!! Entre todas e todos pensamos nomes e escollemos "LARANXIÑA" o peixiño da clase da profe Olalla e "LILI" o peixiño da clase da profe Maica. Como nos gustaron tanto, este trimestre imos traballar e investigar o mar e os peixes.

SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS

Imagen
Como cada ano, os máis pequenos e pequenas do CRA fan unha saída ao parque de bombeiros de Pontevedra. Aínda que o tempo non acompañou demasiado pasárono en grande. Moitas grazas aos bombeiros, que coma sempre teñen as actividades moi ben organizadas.